CAMPIONATO GALEGO G-3 DE VERÁN

Os vindeiros sábado e domingo 10 e 11 de xuño celebrarase este Campionato na Piscina da Fieteira de Riveira. Por parte do Club Natación acudirán tres nadadores/as que acadaron marcas mínimas para participar no mesmo: Diego Paz, Estefanía Chamadoira e Hermindo Sebastián. Sería bo que Diego repetira medalla, pero non é nada doado de conseguir isto.

Estamos seguros de que van ter os tres unha magnífica actuación e que nos van deixar quedar en moi bo lugar.

05/06/2006 22:10


Blog creado con Blogia. Derechos de autor con . Estadísticas. Suscribir RSS. Admin.
Blogia apoya: Fundación Josep Carreras; Emprendedor ven a Iniciador Aragón.