Blogia
Club Natacion Ponteareas

REGULAMENTO DO VII TROFEO DA AMIZADE

ORGANIZA: CLUB NATACIÓN PONTEAREAS.

1º.- DATA: Domingo  28 de maio de 2.006

2º.- PISCINA: Piscina Municipal de Ponteareas. Cuberta e climatizada de 25 m. e 6 rúas.

3º.- CATEGORÍAS:
      
       MASCULINO:    A (1994-95)
                           B (1992-93)
                           C (1990-91)
                           D (1989 e anteriores)
       FEMININO :     A (1994-95)
                           B (1992-93)
                           C (1990-91)
                           D (1989 e anteriores)

4º.- ORDE DE PROBAS :

1º.- 100 estilos masculino A.
2º.- 100 estilos feminino A.
3º.- 100 estilos masculino B.
4º.- 100 estilos feminino B.
5º.- 200 estilos masculino C.
6º.- 200 estilos feminino C.
7º.- 200 estilos masculino D.
8º.- 200 estilos feminino D.
9º.- 100 bolboreta masculino A.
10º.- 100 bolboreta feminino A.
11º.- 100 bolboreta masculino B.
12º.- 100 bolboreta feminino B.
13º.- 50 bolboreta masculino C.
14º.- 50 bolboreta feminino C.
15º.- 50 bolboreta masculino D.
16º.- 50 bolboreta feminino D.
17º.- 100 costas masculino A.
18º.- 100 costas feminino A.
19º.- 100 costas masculino B.
20º.- 100 costas feminino B.
21º.- 50 costas masculino C
22º.- 50 costas feminino C.
23º.- 50 costas masculino D.
24º.- 50 costas feminino D.
25º.- 100 braza masculino A.
26º.- 100 braza feminino A.
27º.- 100 braza masculino B.
28º.- 100 braza feminino B.
29º.- 50 braza masculino C.
30º.- 50 braza feminino C.
31º.- 50 braza masculino D.
32º.- 50 braza feminino D.
33º.- 100 libre masculino A.
34º.- 100 libre feminino A.
35º.- 100 libre masculino B.
36º.- 100 libre feminino B.
37º.- 50 libre masculino C.
38º.- 50 libre feminino C.
39º.- 50 libre masculino D.
40º.- 50 libre feminino D.
41º.- 4x50 libre masculino.
42º.- 4X50 libre feminino.

5º.- QUECEMENTO: 15.30 Horas.
       COMEZO DAS PROBAS: 16.30 Horas.

6º.- FÓRMULA DE COMPETICIÓN:

6.1.- Esta competición realizarase de acordo cos regulamentos da Federación Galega de Natación. Tódalas probas serán contra o reloxo.

6.2.- A participación estará aberta ós nadadores e nadadoras das categorías sinaladas no punto 3º deste regulamento con licencia federativa en vigor. Non serán válidas as licencias de escola.
 

6.3.- Cada club poderá inscribir como máximo 2 nadadores/as por proba e categoría. Só poderá inscribir un equipo de relevos en cada proba, e no mesmo terá que haber un nadador/a de cada categoría. Non poderán superarse os 24 nadadores/as por club.

6.4.- Cada nadador/a só poderá participar en dúas probas e no relevo.

6.5.- Non poderán facerse substitucións.

6.6.- Poderán agruparse na mesma serie nadadores/as de diferentes categorías.

6.7.- O Club Natación Ponteareas resérvase o dereito a incluír nadadores/as seus a maiores dos dous por proba e categoría. Estes nadadores/as fóra de concurso aparecerán como tales nas series e non puntuarán na clasificación de equipos nin optarán a medallas individuais nas probas nas que se inscriban fóra de concurso.

7º.- INSCRICIÓNS:

7.1.- Faranse polo programa de competición. Utilizarase a base de datos que se achegará e que tentaremos que estea colgada na web da FEGAN.

7.2.- Pregamos ós clubs que confirmen a súa asistencia antes do 19 de maio, ben por correo electrónico na dirección indicada na cabeceira ou chamando ó teléfono 676 773 761.

7.3. As preinscricións, actas de preinscrición individual e de relevos serán enviadas ao Club Natación Ponteareas antes do día 23 de maio de 2.006 ás 20.00 horas ao enderezo de correo electrónico: cnponteareas@terra.es

8º.- CLASIFICACIÓNS:

8.1.- Faranse clasificacións individuais por proba e categoría. Para face-la clasificación por equipos sumaranse tódolos puntos obtidos polos nadadores/as, tanto en probas individuais como nos relevos. En cada proba puntuarán os dez primeiros con 12, 10, 8,7,6,5,4,3,2 e 1 puntos do 1º ó 10º respectivamente. Nos relevos as puntuacións serán dobres.

9º.- PREMIOS:

9.1.- Entregaranse medallas ós tres primeiros de cada categoría e proba, tanto individuais como de relevos.

9.2.- Trofeo para tódolos clubs participantes segundo a súa clasificación.

 Ó remate da competición entregarase unha bolsa de merenda a tódolos participantes.

             Ponteareas, a 7 de abril de 2.006

0 comentarios