Blogia
Club Natacion Ponteareas

NECESITAMOS COLABORACIÓN PARA O VII TROFEO DA AMIZADE

O domingo 28 de maio faremos o VII Trofeo da Amizade. Necesitamos a colaboración de todos aqueles/as que poidan (pais e nais de nadadores/as) para facer a partires das 12 da mañá as bolsas de merenda e para axudar na montaxe da Piscina. 

Pola tarde, durante a competición, ademais dos cronometradores e daqueles xuíces locais que sexan convocados para arbitrar, necesitamos persoas para ocupar outros postos na organización.

Como sempre, agradecemos a todos/as que colbaoren neste Trofeo a súa participación activa no mesmo. Xa sabedes que o club é cousa de todos. 

0 comentarios