Blogia
Club Natacion Ponteareas

VII TROFEO DA AMIZADE

Xa está aquí o  noso VII Trofeo da Amizade. Este domingo 28 de maio, a partires das 16.30 horas comezarán as probas do noso VII Trofeo da Amizade (quecemento ás 15.30).

Contamos co maior número de equipos inscritos de tódalas edicións (8 en total): C.N. Codesal, Golfiños N. Porriño, C.N. Salnés, C.N. Galaico Sercoysa, C.N. Pontevedra, C.N. Redondela, C.D.U. Santiago e Club Natación Ponteareas. Isto é moi importante pois coincide este Trofeo con outros dous no mesmo fin de semana.

Están convocados para participar tódolos nadadores/as do Club Natación Ponteareas e para dous deles será a primeira competición co club.

ESPERAMOS UNHA MASIVA ASISTENCIA DE PÚBLICO.

SORTE AOS NOSOS NADADORES/AS

0 comentarios