Blogia
Club Natacion Ponteareas

CAMPIONATO GALEGO G-4 E ABSOLUTO DE VERÁN

Neste fin de semana, venres 30 de xuño, sábado 1 de xullo e domingo 2 de xullo, celébrase en Pontevedra na Piscina Olímpica Rías do Sur, o Campionato Galego de verán das categorías G-4 e Absoluto. Igual que en tódolos campionatos galegos desta temporada hai representantes do Club Natación Ponteareas. Son en total 6 nadadores/as do noso club os que van participar no Campionato:

Mari Paz Álvarez Costas nadará 50 bolboreta.

Raquel Landín Gallego nadará 50 bolboreta.

Marcos Soutullo Rodríguez nadará 50 braza, 100 braza e 200 braza.

Alejandro Reigosa Lago nadará 50 costas, 100 costas e 50 libre.

Iago Aldir Álvarez nadará 50 bolboreta.

Pablo Garrido Castañal nadará o relevo de 4x100 estilos con Marcos, Iago e Alejandro.

Desexámoslles a todos/as que teñan unha boa actuación nos Campionatos.

 

0 comentarios