Blogia
Club Natacion Ponteareas

CONVOCATORIA LIGAS LOCAIS PONTEAREAS 19 11 2006

Este vindeiro domingo 19 de novembro celebrarase na Piscina Municipal de Ponteareas a primeira xornada das Ligas das categorías G-0, G-1, G-2 e G-3. O quecemento será ás 10.00 horas e as probas a partires das 11.00. Van estar connosco os representantes do C.T. Codesal da Guarda e o C.N. Mos.

Por parte do noso club están convocados/as os seguintes deportistas:

G-0: Andrea Vázquez e Clara Soutullo.

G-1: Iago Sobreira e Lucas Costa.

G-2: Anaïs Ucha e Rocío Landín.

G-3: Juan Antonio Vázquez, Miguel Ángel Garrido, Estefanía Chamadoira, Sandra Sobreira, Jennifer Chamadoira e Tatiana Vázquez.

Pregamos aos pais/nais que colaboren coa organización desta proba, ben como cronometadores/as ou noutros postos da organización.

O Sábado 18 montaremos a Piscina para a competición a partires da 19.30 horas. Esperamos que colaboredes coa xunta directiva para facer esta montaxe.

0 comentarios