Blogia
Club Natacion Ponteareas

TRES MEDALLAS EN INDIVIDUAL E 1 EN RELEVOS NO I TROFEO PROMESAS DO LÉREZ

Os nadadores/as do Club Natación POnteareas acadaron tres medallas en probas individuais e unha en relevos neste Trofeo celebrado este sábado 31 de marzo en Pontevedra, na Piscina Rías do Sur. Houbo ademais outros 4 finalistas e houbo un número importante de nadadores/as dos que se incorporaron ao club recentemente que tiveron unha actuación fantástica. Así, o nadador Adrián Gándara, que leva moi pouco tempo no club, xa acadou a mínima para o Campionato Galego da súa categoría na proba de 200 libre, onde foi 7º. Anaïs Ucha foi campiona nos 100 braza G-2 e fixo a mínima para o Campionato de España. Miguel Ángel Garrido, segue baixando as súas marcas e foi prata en 100 libre G-3. Marcos Soutullo, foi 3º e bronce en 50 braza do G-4, nunha proba moi igualada entre os tres primeiros.

Por último, o relevo de 4x50 estilos masculino formado por Alejandro Reigosa, Marcos Soutullo, Miguel Ángel Garrido e Adrián Gándara acadou a medalla de bronce nunha magnífica proba por parte dos catro.

Tamén foron finalistas Sandra Sobreira, que foi 4ª en 200 bolboreta, Luis Pardo que foi 7º en 50 libres e Alejandro Reigosa, 7º en 50 costas.

Noraboa a tódolos/as deportistas que representaron ao noso Club neste trofeo.

0 comentarios