REGULAMENTO VIII TROFEO DA AMIZADE
CLUB NATACIÓN
PONTEAREAS
Apartado 26
36860 Ponteareas
Telf.: 676 773 761
Fax: 986 641 911
Correo electrónico: cnponteareas@terra.es
http://natacionponteareas.blogia.com
VIII TROFEO DA AMIZADE DO CLUB NATACIÓN PONTEAREAS
ORGANIZA: CLUB NATACIÓN PONTEAREAS.
1º.- DATA: Domingo 3 de xuño de 2.007
2º.- PISCINA: Piscina Municipal de Ponteareas. Cuberta e climatizada de 25 m. e 6 rúas.
3º.- CATEGORÍAS:
MASCULINO: A (1995-96)
B (1993-94)
C (1991-92)
D (1990 e anteriores)
FEMININO : A (1995-96)
B (1993-94)
C (1991-92)
D (1990 e anteriores)
4º.- ORDE DE PROBAS :
1º.- 100 bolboreta masculino A.
2º.- 100 bolboreta feminino A.
3º.- 100 bolboreta masculino B.
4º.- 100 bolboreta feminino B.
5º.- 100 bolboreta masculino C.
6º.- 100 bolboreta feminino C.
7º.- 50 bolboreta masculino D.
8º.- 50 bolboreta feminino D.
9º.- 100 costas masculino A.
10º.- 100 costas feminino A.
11º.- 100 costas masculino B.
12º.- 100 costas feminino B.
13º.- 100 costas masculino C.
14º.- 100 costas feminino C.
15º.- 50 costas masculino D.
16º.- 50 costas feminino D.
17º.- 100 braza masculino A.
18º.- 100 braza feminino A.
19º.- 100 braza masculino B.
20º.- 100 braza feminino B.
21º.- 100 braza masculino C
22º.- 100 braza feminino C.
23º.- 50 braza masculino D.
24º.- 50 braza feminino D.
25º.- 100 libre masculino A.
26º.- 100 libre feminino A.
27º.- 100 libre masculino B.
28º.- 50 libre feminino B.
29º.- 50 libre masculino C.
30º.- 50 libre feminino C.
31º.- 50 libre masculino D.
32º.- 50 libre feminino D.
33º.- 4x50 libre masculino
34º.- 4x50 libre feminino
5º.- QUECEMENTO: 15.30 Horas.
COMEZO DAS PROBAS: 16.30 Horas.
6º.- FÓRMULA DE COMPETICIÓN:
6.1.- Esta competición realizarase de acordo cos regulamentos da Federación Galega de Natación.
Tódalas probas serán contra o reloxo.
6.2.- A participación estará aberta ós nadadores e nadadoras das categorías sinaladas no punto 3º deste regulamento con licencia federativa en vigor. Non serán válidas as licencias de escola.
6.3.- Cada club poderá inscribir como máximo 2 nadadores/as por proba e categoría. Só poderá inscribir un equipo de relevos en cada proba, e no mesmo terá que haber un nadador/a de cada categoría. No caso de que un club non teña nadadores de tódalas categorías, poderá participar no relevo con nadadores/as de categoría inferior en idade. Non poderán superarse os 30 nadadores/as por club.
6.4.- Cada nadador/a só poderá participar en dúas probas e no relevo.
6.5.- Non poderán facerse substitucións.
6.6.- Poderán agruparse na mesma serie nadadores/as de diferentes categorías.
6.7.- O Club Natación Ponteareas resérvase o dereito a incluír nadadores/as seus a maiores dos dous por proba e categoría. Estes nadadores/as fóra de concurso aparecerán como tales nas series e non puntuarán na clasificación de equipos nin optarán a medallas individuais nas probas nas que se inscriban fóra de concurso.
7º.- INSCRICIÓNS:
7.1.- Faranse polo programa novo de competicións. Utilizarase a base de datos que se achega e que tentaremos que estea colgada na web da FEGAN.
7.2.- Pregamos ós clubs que confirmen a súa asistencia antes do 23 de maio, ben por correo electrónico na dirección indicada na cabeceira ou chamando ó teléfono 676 773 761.
7.3.- As preinscricións, actas de preinscrición individual e de relevos serán enviadas ó Club Natación Ponteareas antes do día 28 de maio de 2.007 ás 20.00 horas ao enderezo de correo electrónico seguinte:
cnponteareas@terra.es
8º.- CLASIFICACIÓNS:
Faranse clasificacións individuais por proba e categoría. Para face-la clasificación por equipos sumaranse tódolos puntos obtidos polos nadadores/as, tanto en probas individuais como nos relevos. En cada proba puntuarán os dez primeiros con 12, 10, 8,7,6,5,4,3,2 e 1 puntos do 1º ó 10º respectivamente. Nos relevos as puntuacións serán dobres.
9º.- PREMIOS:
9.1.- Entregaranse medallas ós tres primeiros de cada categoría e proba, tanto individuais como de relevos.
9.2.- Trofeo para tódolos clubs participantes segundo a súa clasificación.
Ó remate da competición entregarase unha bolsa de merenda a tódolos participantes.
Ponteareas, a 27 de abril de 2.007
0 comentarios