Blogia
Club Natacion Ponteareas

2ª XORNADA DA LIGA GALEGA DE CLUBS DE 2ª DIVISIÓN

Este sábado 24 de novembro, a partires das 17.30 horas celebrarase a 2ª xornada da Liga Galega de Clubs de 2ª División, na Piscina Municipal da Cañiza, organizada polo Club Natación Ponteareas e a FEGAN. O quecemento será a partires das 16.00 horas. Participarán o C.N. Arteixo, C.N. Cedeira, C.N. As Pontes, C.N. Xove, A.D.N. Narón e o Club Natación Ponteareas. Polo noso club están convocados/as os seguintes nadadores/as:

Anaïs Ucha, Magaly Freire, Rocío Landín,  Jennifer Chamadoira, Estefanía Chamadoira, Sandra Sobreira, Alba Ucha, Raquel Landín, Alba Paz, Miguel Ángel Garrido, Diego Paz, Luis Pardo, Alejandro Reigosa, Marcos Soutullo, Iago Aldir, Pablo Garrido e Jairo Vilasboas.

O reto é tentar mellorar o 4º posto acadado na 1ª xornada.

Como sempre, agardamos a colaboración coa organización por parte de todos/as.

0 comentarios