Blogia

Club Natacion Ponteareas

VENRES 13 DE XULLO: ASEMBLEA XERAL DE SOCIOS/AS DE REMATE DE TEMPORADA

Este venres 13 de xullo a partires das 20.15 horas en 1ª convocatoria e das 20.45 horas en 2ª convocatoria, celebrarase a Asemble de remate de temporada do Club Natación Ponteareas no Local do Club, de acordo coa seguinte

ORDE DO DÍA:

1º Informe deportivo da temporada.

2º Balance de contas a 30 de xuño de 2007.

3º Presentación da nova Xunta Directiva do Club.

4º Información xeral.

5º Rogos e preguntas.

Esperamos a asistencia de todos/as.

4

XOVES 12 DE XULLO: RECEPCIÓN OFICIAL NO CONCELLO PARA O CLUB NATACIÓN PONTEAREAS

Este xoves 12 de xullo ás 20.30 vaise facer unha recepción oficial por parte do Concello de Ponteareas aos nadadores e nadadoras do Club Natación Ponteareas que están levando o nome de Ponteareas por toda Galicia e tamén por España, xa que este ano temos por primeira vez nadadores/as nos Campionatos de España Alevín (Zaragoza) e Infantil (Madrid). Quérese destacar así a labor destes deportistas e tamén mencionar a aqueles/as que acadaron medallas nos campionatos galegos nesta temporada chea de éxitos para o noso club.

Esperamos que asistan familiares dos deportistas para apoialos neste acto tan especial.

SÁBADO 14 DE XULLO: IX TROFEO CODESAL

Este sábado 14 de xullo celébrase na Piscina ao aire libre do Club de Tenis Codesal na Guarda o IX Trofeo de Natación Codesal. Como en edicións anteriores, o Club Natación Ponteareas vai participar desta vez con 33 nadadores/as. Aproveitaremos para comer xuntos todos os que queiramos en Camposancos coas viandas que levemos da casa. O trofeo será en sesións de mañá e tarde, pola mañá as probas a partires das 11.00 horas e quecemento unha hora antes e pola tarde quecemento ás 16.00 horas e probas ás 17.00 horas.

Estamos seguros de que os nosos nadadores/as van rendir como nos teñen acostumados nesta temporada. Alí van estar tódolos nadadores e nadadoras do noso club das categorías G-1 e maiores.

GRAN ACTUACIÓN DOS NOSOS REPRESENTANTES NO CAMPIONATO GALEGO ABSOLUTO DE VERÁN

De realmente boa hai que cualificar a actuación dos nosos representantes no Campionato Galego Junior e Absoluto de Verán. Especialmente destacar a actuación de Raquel Landín Gallego e Marcos Soutullo Rodríguez que lograron clasificarse para as finais B en tódalas probas nas que participaron, situándose polo tanto, entre os 16 mellores de Galicia nestas seis probas.

CAMPIONATO GALEGO ABSOLUTO DE VERÁN

Nestes días, 6, 7 e 8 de xullo de 2007, estase a celebrar o Campionato Galego Absoluto de Verán na Piscina Olímpica Rías do Sur de Pontevedra, coa participación de catro nadadores/as do Club Natación Ponteareas:

Raquel Landín Gallego.

Marcos Soutullo Rodríguez.

Iago Aldir Álvarez.

Santiago Rodríguez Casal.

Desexámoslles sorte aos catro.

FANY CHAMADOIRA E MARCOS SOUTULLO EN VIGOMETROPOLITANO.COM

Na web vigometropolitano.com hai información sobre os éxitos destes dous nadadores do Club Natación Ponteareas.

EXTRAORDINARIA ACTUACIÓN NO CAMPIONATO GALEGO INFANTIL DE VERÁN

De extraordinaria cabe cualificar a actuación dos 8 representantes do Club Natación Ponteareas no Campionato Galego de Natación Infantil de Verán, celebrado en Ribeira este fin de semana. Ademais de dúas medallas, houbo moi bos postos e na clasificación conxunta acadouse o 12º posto por equipos con 209.5 puntos, deixando por debaixo a clubes moi importantes. Todos/as melloraron as súas marcas.

 ¡¡¡¡¡¡¡Felicidades para: Fany, Jenny, Sandra, Tatiana, Marcos, Luis, Diego e Álex!!!!!!!

 

MARCOS SOUTULLO BRONCE NO CAMPIONATO GALEGO E MÍNIMA PARA O CAMPIONATO DE ESPAÑA

O nadador Marcos Soutullo Rodríguez acadou a medalla de bronce na proba de 100 braza no Campionato Galego de Natación Infantil de verán celebrado este fin de semana en Ribeira.

Ademais logro as marcas mínimas nas probas de 100 braza e 200 estilos para o Campionato de España Infantil de verán que se celebrará en Madrid. É así o terceiro nadador do club que logra este ano ir a un Campionato de España, despois de que a temporada pasada xa quedara a moi pouco de conseguilo

¡¡¡¡FELICIDADES!!!!

¡¡¡¡¡XA TEMOS UNHA CAMPIONA GALEGA DE NATACIÓN!!!!!

Despois de buscalo durante estes últimos anos, a nadadora Estefanía Chamadoira Domínguez cadaou o seu primeiro campionato galego na proba de 100 estilos no Campionato Galego Infantil celebrado en Ribeira este fin de semana. É a primeira nadadora na histioria do Club Natación Ponteareas que acada este logro, xuntándose co Campionato Galego que acadou en categoría alevín masculino Miguel ängel Garrido.

Felicitamos a esta extraordinaria nadadora e confiamos en que sigan os seus éxitos na natación.

MIGUEL ÁNGEL GARRIDO E ANAÏS UCHA NO CAMPIONATO DE ESPAÑA ALEVÍN

De moi boa experiencia hai que calificar a que tiveron estes dous nadadores/as no seu primeiro campionato de España, co que puxeron un broche de ouro a unha temporada realmente sensacional por parte destes representantes do noso club. En Zaragoza atopáronse cos mellores nadadores/as de España da súa idade (entre os que están eles tamén) e rendiron tan ben como o veñen facendo na súa andaina no Club.

Felicitámolos aos dous e desexámoslles que para a temporada que vén poidan volver estar nun Campionato de España.

ANAIS UCHA E MIGUEL ANGEL GARRIDO EN VIGOMETROPOLITANO.COM

No xornal dixital vigometropolitano.com aparece información sobre éxitos recentes destes dous nadadores/as e do Club Natación Ponteareas.

CAMPIONATO GALEGO INFANTIL DE VERÁN

Este fin de semana (30 de xuño e 1 de xullo) celebrarase na Piscina da Fieiteira en Ribeira o Campionato Galego Infantil de verán de natación. O Club Natación Ponteareas vai estar moi ben representado por oito nadadores/as: Estefanía Chamadoira, Jennifer Chamadoira, Sandra Sobreira, Tatiana Vázquez, Marcos Soutullo, Luis Pardo, Alejandro Reigosa e Diego Paz.

Estamos seguros de que van ter unha brillante actuación neste Campionato.

ANAÏS UCHA E MIGUEL ÁNGEL GARRIDO AO CAMPIONATO DE ESPAÑA DA XUVENTUDE

Os nadadores do Club Natación Ponteareas, logo dunha extraordinaria temporada, Anaïs Ucha Mutilba e Miguel Ángel Garrido Castañal, participarán no Campionato de España da Xuventude os vindeiros 27, 28 e 29 de xuño en Zaragoza, o que constitúe un éxito sen precedentes na historia do noso club ó ser os primeiros nadadores do mesmo en participar nun Campionato de España.

Desexámoslles que se divirtan e que disfruten nadando nunha competición desta importancia.

¡¡¡¡¡NORABOA AOS DOUS!!!!!

¡¡¡¡XA TEMOS UN CAMPIÓN GALEGO!!!!!

O nadador do Club Natación Ponteareas Miguel Ángel Garrido Castañal proclamouse este domingo 17 de xuño campión galego na proba de 100 libre no Campionato Galego Alevín celebrado na Piscina de Caranza no Ferrol, nunha proba extraordinaria na que fixo unha marca de 1.03.12. É así o primeiro nadador do noso club que acada un campionato galego e que supón un enorme premio o traballo feito por este nadador nos sete anos que leva no club. Este un broche espectacular a unha temporada sensacional que rematará coa súa presenza no Campionato de España da Xuventude na proba de 100 libre e nos relevos representando a Galicia.

¡¡¡Felicidades campión!!! 

ANAÏS UCHA MUTILBA, BRONCE EN 100 BRAZA

A nadadora do Club Natación Ponteareas Anaïs Ucha Mutilba obtivo a medalla de bronce na proba de 100 braza no Campionato Galego Alevín celebrado este fin de semana en Ferrol.

¡¡¡¡¡¡Felicidades!!!

MIGUEL ÁNGEL GARRIDO CASTAÑAL, SUBCAMPIÓN GALEGO EN 100 COSTAS

O nadador do Club Natación Ponteareas Miguel Ángel Garrido Castañal proclamouse este sábado 16 de xuño subcampión galego na proba de 100 costas no Campionato Galego Alevín celebrado na Piscina de Caranza no Ferrol, nunha proba fantástica na que fixo unha marca de 1.12.77.

¡¡¡Felicidades Miguel!!! 

MIGUEL ÁNGEL GARRIDO CASTAÑAL BRONCE EN 100 ESTILOS

O nadador do Club Natación Ponteareas Miguel Ángel Garrido Castañal obtivo este sábado 16 de xuño a medalla de bronce na proba de 100 estilos no Campionato Galego Alevín celebrada na Piscina de Caranza no Ferrol, quedando a poucas centésimas da prata.

¡¡¡Felicidades Miguel!!! 

CAMPIONATO GALEGO ALEVÍN

Este fin de semana que vén (16 e 17 de xuño) celebrarase o Campionato Galego de Natación Alevín na Piscina de Caranza no Ferrol. Polo Club Natación Ponteareas estarán presentes:

Anaïs Ucha Mutilba, nas probas de 100 e 200 braza e 200 estilos.

Miguel Ángel Garrido Castañal, nas probas de 100 estilos, 100 costas e 100 libres e nos releveos de 4x100 libre e 4x200 libre.

Adrián Gándara Díez, nas probas de 200 libre, 4x100 libre e 4x200 libre.

Juan Antonio Vázquez Mouzo, nas probas de 4x100 libre e 4x200 libre.

Francisco Cobelo Represas na proba de 4x100 libre

Manuel Gabriel Ibáñez Carrera na proba de 4x200 libre.

Felicitamos a estes nadores/as pois xa é un premio clasificarse para un Campionato Galego e aver si traemos algunha medalla para Ponteareas, que se xunten ás sete que temos de Campionatos Galegos anteriores.

XXXVI TROFEO PEDRO ESCUDERO

Este sábado 9 de xuño celebrarase na Piscina Olímpica Rosario Dueñas de Ourense este trofeo ao que acudirán os nadadores e nadadoras nacidos no ano 1994 e anteriores. Polo tanto, están convocados/as:

Miguel Ángel Garrido, Juan Antonio Vázquez, Víctor David Freire, Tatiana Vázquez, Jennifer Chamadoira, Estefanía Chamadoira, Sandra Sobreira, Diego Paz, Alba Ucha, Luis Pardo, Alejandro Reigosa, Marcos Soutullo, Pablo Garrido, Iago Aldir, Raquel Landín, Alba Paz, Santiago Rodríguez, Lucía Pardo e Mari Paz Álvarez.

Sería un enorme éxito que se acadase algunha mínima para os Campionatos de España por parte dos nosos nadadores/as.

¡¡¡SORTE!!!

O CLUB NATACIÓN PONTEAREAS GAÑADOR DO VIII TROFEO DA AMIZADE

Por primeira vez na historia deste trofeo, o noso club acadou o primeiro posto, cun número moi importante de medallas e conseguindo unha notable diferenza con respecto aos demais clubs participantes.

Nos vindeiros días subiremos a este blog os resultados e medallistas, así como as puntuacións acadadas no trofeo.