Blogia

Club Natacion Ponteareas

¡¡¡¡XA ESTAMOS NA SEGUNDA DIVISIÓN!!!!

O pasado sábado na Piscina da Universidade de Santiago fíxose a última xornada da LIga Galega de 3ª División, acadando o Club Natación POnteareas a segunda praza nesa xornada e támén a segunda praza na clasificación final, polo que o noso club ascende a segunda división, onde nos imos encontrar con clubes de amplo historial e onde teremos que tentar conseguir a permanencia.

Felicitamos ao adestrador e aos nadadores/as por ter feito posible este novo éxito na aínda curta historia do Club Natación Ponteareas.

REGULAMENTO VIII TROFEO DA AMIZADE

 

CLUB NATACIÓN

PONTEAREAS

Apartado 26

36860 Ponteareas

Telf.: 676 773 761

Fax: 986 641 911

Correo electrónico: cnponteareas@terra.es

http://natacionponteareas.blogia.com

 

VIII TROFEO DA AMIZADE DO CLUB NATACIÓN PONTEAREAS

 

ORGANIZA: CLUB NATACIÓN PONTEAREAS.

 

1º.- DATA: Domingo 3 de xuño de 2.007

 

2º.- PISCINA: Piscina Municipal de Ponteareas. Cuberta e climatizada de 25 m. e 6 rúas.

 

3º.- CATEGORÍAS:

MASCULINO:          A (1995-96)

B (1993-94)

C (1991-92)

D (1990 e anteriores)

 

FEMININO :             A (1995-96)

B (1993-94)

C (1991-92)

D (1990 e anteriores)

 

4º.- ORDE DE PROBAS :

 

1º.- 100 bolboreta masculino A.

2º.- 100 bolboreta feminino A.

3º.- 100 bolboreta masculino B.

4º.- 100 bolboreta feminino B.

5º.- 100 bolboreta masculino C.

6º.- 100 bolboreta feminino C.

7º.- 50 bolboreta masculino D.

8º.- 50 bolboreta feminino D.

9º.- 100 costas masculino A.

10º.- 100 costas feminino A.

11º.- 100 costas masculino B.

12º.- 100 costas feminino B.

13º.- 100 costas masculino C.

14º.- 100 costas feminino C.

15º.- 50 costas masculino D.

16º.- 50 costas feminino D.

17º.- 100 braza masculino A.

18º.- 100 braza feminino A.

19º.- 100 braza masculino B.

20º.- 100 braza feminino B.

21º.- 100 braza masculino C

22º.- 100 braza feminino C.

23º.- 50 braza masculino D.

24º.- 50 braza feminino D.

25º.- 100 libre masculino A.

26º.- 100 libre feminino A.

27º.- 100 libre masculino B.

28º.- 50 libre feminino B.

29º.- 50 libre masculino C.

30º.- 50 libre feminino C.

31º.- 50 libre masculino D.

32º.- 50 libre feminino D.

33º.- 4x50 libre masculino

34º.- 4x50 libre feminino

 

5º.- QUECEMENTO: 15.30 Horas.

 

COMEZO DAS PROBAS: 16.30 Horas.

 

6º.- FÓRMULA DE COMPETICIÓN:

 

6.1.- Esta competición realizarase de acordo cos regulamentos da Federación Galega de Natación.

Tódalas probas serán contra o reloxo.

 

6.2.- A participación estará aberta ós nadadores e nadadoras das categorías sinaladas no punto 3º deste regulamento con licencia federativa en vigor. Non serán válidas as licencias de escola.

 

6.3.- Cada club poderá inscribir como máximo 2 nadadores/as por proba e categoría. Só poderá inscribir un equipo de relevos en cada proba, e no mesmo terá que haber un nadador/a de cada categoría. No caso de que un club non teña nadadores de tódalas categorías, poderá participar no relevo con nadadores/as de categoría inferior en idade. Non poderán superarse os 30 nadadores/as por club.

 

6.4.- Cada nadador/a só poderá participar en dúas probas e no relevo.

 

6.5.- Non poderán facerse substitucións.

 

6.6.- Poderán agruparse na mesma serie nadadores/as de diferentes categorías.

 

6.7.- O Club Natación Ponteareas resérvase o dereito a incluír nadadores/as seus a maiores dos dous por proba e categoría. Estes nadadores/as fóra de concurso aparecerán como tales nas series e non puntuarán na clasificación de equipos nin optarán a medallas individuais nas probas nas que se inscriban fóra de concurso.

 

7º.- INSCRICIÓNS:

 

7.1.- Faranse polo programa novo de competicións. Utilizarase a base de datos que se achega e que tentaremos que estea colgada na web da FEGAN.

 

7.2.- Pregamos ós clubs que confirmen a súa asistencia antes do 23 de maio, ben por correo electrónico na dirección indicada na cabeceira ou chamando ó teléfono 676 773 761.

 

7.3.- As preinscricións, actas de preinscrición individual e de relevos serán enviadas ó Club Natación Ponteareas antes do día 28 de maio de 2.007 ás 20.00 horas ao enderezo de correo electrónico seguinte:

cnponteareas@terra.es

 

8º.- CLASIFICACIÓNS:

 

Faranse clasificacións individuais por proba e categoría. Para face-la clasificación por equipos sumaranse tódolos puntos obtidos polos nadadores/as, tanto en probas individuais como nos relevos. En cada proba puntuarán os dez primeiros con 12, 10, 8,7,6,5,4,3,2 e 1 puntos do 1º ó 10º respectivamente. Nos relevos as puntuacións serán dobres.

 

9º.- PREMIOS:

 

9.1.- Entregaranse medallas ós tres primeiros de cada categoría e proba, tanto individuais como de relevos.

 

9.2.- Trofeo para tódolos clubs participantes segundo a súa clasificación.

 

Ó remate da competición entregarase unha bolsa de merenda a tódolos participantes.

 

Ponteareas, a 27 de abril de 2.007

 

26 DE MAIO DE 2007: TOMA DE TEMPOS NA CAÑIZA

Este sábado 26 de maio faremos na Cañiza unha toma de tempos para todos os nadadiores e nadadoras do club. Esta toma de tempos está organizada polo noso Club, polo que esperamos da colaboración dos pais e nais na organización da mesma.

O quecemento será ás 16.00 horas e as probas comezarán ás 17.00 horas.

3 DE XUÑO: VIII TROFEO DA AMIZADE

O domingo 3 de xuño celebrarase en xornada o VIII Trofeo da Amizade, que esperamos teña unha boa participación e que o noso club vai tentar gañalo por primeira vez. Alí estarán todos os nadadores e nadadoras do noso club.

Nestes días iremos subindo a este blog máis novas sobre este Trofeo.

CONVOCATORIA 6ª XORNADA LIGAS G-O, G-1, G-2 DO 20 DE MAIO

Este domingo 20 de maio celebrarase na Piscina da Guarda a 6ª xornada das categorías G-o, G-1 e G-2. O horario será: quecemento ás 10.00 horas e as probas ás 11.00 horas. Polo Club Natación Ponteareas participarán:

Clara Soutullo, Andrea Vázquez, Yago Sobreira, Lucas Costa, Sara Gándara, Adrián Gándara, Martín Carrera, Manuel Ibáñez, Francisco Cobelo, Rocío Landín, Magaly Freire, Mª Elena Pino, Sara Porrit, Nerea Pérez e Marta Castro.

CONVOCATORIA 3ª XORNADA LIGA G-4

Este sábado 19 de maio celebrarase na Piscina Rías do Sur de Pontevedra a 3ª e última xornada da Liga Galega do G-4. O quecemento será ás 16.30 horas e as probas ás 17.30.

Polo Club Natación Ponteareas van a participar os nadadores:

Marcos Soutullo, Luis Pardo, Alejandro Reigosa e Diego Paz.

SÁBADO 12 DE MAIO: 6ª XORNADA DA LIGA G-3

Este sábado 12 de maio celebrarase en Vigo na Piscina do Real Club Náutico de Vigo a 6ª xornada zonal da Liga G-3. Polo Club Natación Ponteareas están convocados/as 7 nadadores/as:

Estefanía Chamadoira, Jennifer Chamadoira, Sandra Sobreira, Tatiana Vázquez, Miguel Ángel Garrido, Juan Antonio Vázquez e Víctor David Freire. Todos eles/as nadarán 100 libre e 200 braza. Ademais elas farán o relevo de 4x50 costas.

Esperamos que sigan caendo marcas mínimas.

O ASCENSO A PUNTO!!!

Este domingo 6 de maio os nadadores e nadadoras do Club Natación Ponteareas volveron a ter unha brillante actuación gañando a 5ª xornada da Liga Galega de clubs de 3ª división por diante do C.N. Arteixo e C.N. Rías Baixas. Con este triunfo o ascenso xa está na man a non ser que haxa unha hecatombe na última xornada, pois cun cuarto puesto é suficiente para ascender. Ademais, temos posibilidades incluso de ser campións.

Houbo marcas realmente extraordinarias por parte dos nosos representantes e por vez primeira na historia do club, un nadador Diego Paz Sobreira logra baixar do minuto nos 100 libres e pensamos que pronto haberá máis nadadores/as do club que seguirán este camiño.

¡¡¡¡FELICIDADES A TODOS E TODAS!!!!!

29 DE ABRIL: 5ª XORNADA G 0, G 1, G 2 E G 3 EN PONTEAREAS

Este domingo 29 de abril celebrarase na Piscina Municipal de Ponteareas, organizada polo Club Natación Ponteareas, a 5ª xornada da liga local das categorías G 0, G 1, G 2 e G 3, coa participación do Club Natación Mos, Golfiños Natación Porriño e Club Natación Ponteareas. O quecemento será ás 16.30 horas e as probas ás 17.30 horas. Necesitamos contar coa colaboración de todos/as para cronometrar e axudar á organización da proba.

Por parte do noso Club están convocados/as:

Andrea Vázquez, Clara Soutullo, Iago Sobreira, Lucas Costa, Sara Gándara, Adrián Gándara, Francisco Cobelo, Martín Carrera, Manuel Ibáñez, Anaïs Ucha, Rocío Landín, Magaly Freire, Mª Elena Pino, Marta Castro, Sara Porrit, Nerea Pérez, Miguel Ángel Garrido, Juan Antonio Vázquez, Víctor David Freire, Sandra Sobreira, Estefanía Chamadoira, Jennifer Chamadoira e Tatiana Vázquez.

 

FANTÁSTICA ACTUACIÓN NO XVII TROFEO CIDADE DE LUGO

Este sábado 21 de abril, o Club Natación Ponteareas participou con 26 nadadores/as no XVII Trofeo Cidade de Lugo, obtendo os mellores resultados nas súas participacións neste Trofeo. Ademais das excelentes actuacións de todos e todas os nosos/as representantes, houbo 5 medallas:

Anaïs Ucha foi ouro en 50 braza no grupo B.

Miguel Ángel Garrido foi ouro en 50 libre e bronce en 50 bolboreta no grupo B.

Marcos Soutullo foi prata en 100 braza grupo C.

Estefanía Chamadoira foi bronce en 100 bolboreta grupo C.

Anaïs tamén foi 4ª a só 8 centésimas do bronce en 50 costas.

¡¡¡FELICIDADES E TODOS/AS!!!!

CURSO DE CRONOMETRADORES/AS

Para que os custes das competicións que organiza o Club sexan menores, dende sempre se procurou que os familiares dos nadadores/as e os nadadore/as de 16 anos ou maís fixeran o curso de cronometradores/as. Como neste intre hai bastantes familias nas que non hai ningún cronometrador/a, imos solicitar un novo curso ao Comité de árbitros para facer en Ponteareas. Tentaremos que sexa o 3 de xuño pola mañán, coincidindo co noso VIII Trofeo da Amizade.

 PREGAMOS QUE SE INSCRIBAN NO CURSO COMUNICÁNDOO A CALQUERA MEMBRO DA XUNTA DIRECTIVA.

PARA QUE O CLUB SEXA VIABLE TODOS E TODAS TEMOS QUE IMPLICARNOS.

XVII TROFEO CIDADE DE LUGO

Este vindeiro sábado 21 de abril de 2007, celebrarase en Lugo na Piscina do Club Fluvial de Lugo o XVII Trofeo Cidade de Lugo de Natación. O trofeo realízase en sesións de mañá e tarde cos seguintes horarios: Pola mañán: Quecemento ás 10.00 e probas ás 11.00. Pola tarde: quecemento ás 15.30 e probas ás 16.30.

Pola mañá nádanse os estilos bolboreta e costas e pola atrde braza e libre e a proba de relevos.

Os nadadores/as do Club Natación Ponteareas convocados para este Trofeo son:

Lucas Costa: 50 costas e 50 braza.

Iago Sobreira: 50 braza e 50 libre.

Joaquín Ribademar: 50 costas e 50 libre.

Sara Gándara: 50 braza e 50 libre.

Francisco Cobelo: 50 costas

Adrián Gándara: 50 libre.

Manuel Ibánez: 50 bolboreta.

Martín Carrera: 50 braza.

Juan Antonio Vázquez: 50 braza.

Víctor David Freire: 50 costas.

Miguel Ángel Garrido: 50 bolboreta e 50 libre.

Anaïs Ucha: 50 costas e 50 braza.

Magaly Freire: 50 braza.

Rocío Landín: 50 costas.

Mª Elena Pino: 50 bolboreta.

Marta Castro: 50 libre.

Sara Porrit: 50 libre.

Nerea Pérez: 50 bolboreta.

Diego Paz: 100 costas e 100 libre.

Alejandro Reigosa: 100 bolboreta e 100 costas.

Luis Pardo: 100 braza e 100 libre.

Marcos Soutullo: 100 bolboreta e 100 braza.

Tatiana Vázquez: 100 costas e 100 braza.

Jennifer Chamadoira: 100 costas e 100 libre.

Sandra Sobreira: 100 bolboreta e 100 braza.

Estefanía Chamadoira: 100 bolboreta e 100 libre.

Sería poñerse de acordo para saír á mesma hora os que vaian pola mañán para compartir coches, si o desexan.

TRES MEDALLAS EN INDIVIDUAL E 1 EN RELEVOS NO I TROFEO PROMESAS DO LÉREZ

Os nadadores/as do Club Natación POnteareas acadaron tres medallas en probas individuais e unha en relevos neste Trofeo celebrado este sábado 31 de marzo en Pontevedra, na Piscina Rías do Sur. Houbo ademais outros 4 finalistas e houbo un número importante de nadadores/as dos que se incorporaron ao club recentemente que tiveron unha actuación fantástica. Así, o nadador Adrián Gándara, que leva moi pouco tempo no club, xa acadou a mínima para o Campionato Galego da súa categoría na proba de 200 libre, onde foi 7º. Anaïs Ucha foi campiona nos 100 braza G-2 e fixo a mínima para o Campionato de España. Miguel Ángel Garrido, segue baixando as súas marcas e foi prata en 100 libre G-3. Marcos Soutullo, foi 3º e bronce en 50 braza do G-4, nunha proba moi igualada entre os tres primeiros.

Por último, o relevo de 4x50 estilos masculino formado por Alejandro Reigosa, Marcos Soutullo, Miguel Ángel Garrido e Adrián Gándara acadou a medalla de bronce nunha magnífica proba por parte dos catro.

Tamén foron finalistas Sandra Sobreira, que foi 4ª en 200 bolboreta, Luis Pardo que foi 7º en 50 libres e Alejandro Reigosa, 7º en 50 costas.

Noraboa a tódolos/as deportistas que representaron ao noso Club neste trofeo.

ANAÏS UCHA MUTILBA, MÍNIMA PARA O CAMPIONATO DE ESPAÑA

Durante a celebración do I Trofeo Promesas do Lérez, celebrado na Piscina Olímpica Rías do Sur de Pontevedra, a nadadora do Club Natación Ponteareas marcou un novo fito histórico no club ó ser a primeira nadadora do Club que acada a mínima para participar nun Campionato de España. Foi na final da proba de 100 braza, que gañou e poderá participar no Campionato de España CSD que se celebrará en Zaragoza en Xuño.

En categoría masculina, Marcos Soutullo ten a mínima en 50 braza pero necesita facer outra mínima nunha proba de máis de 50 metros para poder ir ao seu Campionato de España.

Noraboa a Anaïs!!!

GRAN ACTUACIÓN NA 4ª XORNADA DA LIGA GALEGA DE CLUBS

Unha gran actuación dos nosos nadadores/as marcou a 4ª xornada da Liga Galega de Clubs de 3ª División, celebrada na Piscina Municipal de Ponteareas, coa organización do noso club. Por primeira vez nesta Liga, logramos a primeira praza cunha vantaxe sobre o 2º clasificado o CN Arteixo de 76 puntos.

Foron varias as mínimas que caíron e xa somos segundos na clasificación xeral.
Esperamos que nas dúas xornadas que faltan poidamos acadar o ascenso de categoría.

CONVOCATORIA I TROFEO PROMESAS DO LEREZ

Este sábado 31 de marzo celebrarase en Pontevedra, na Piscina Olímpica "Rías do Sur" o I Trofeo Promesas do Lérez, organizado polo C.N. Galaico. Está dirixido ás categorías g-2, g-3 e g-4. Serán pola mañá as eliminatorias e pola tarde as finais. Pola mañá as probas comezarán ás 11.00 horas (quecemento ás 10.00) e pola tarde ás 17.30 horas (quecemento ás 16.30)

Por parte do Club Natación Ponteareas están convocados/as:

Adrián Gándara, Martín Carrera, Francisco Cobelo, Manuel Ibáñez, Anaïs Ucha, Rocío Landín, Magaly Freire, Mª Elena Pino, Marta Castro, Nerea Pérez, Sara Porrit, Miguel Ángel Garrido, Juan Antonio Vázquez, Víctor Freire, Estefanía Chamadoira, Jennifer Chamadoira, Sandra Sobreira, Tatiana Vázquez, Marcos Soutullo, Luis Pardo, Diego Paz, Alejandro Reigosa e Alba Ucha.

¡¡¡SORTE A TODOS E TODAS!!!

CONVOCATORIA LIGA GALEGA DE CLUBS

Este domingo 25 de marzo celebrarase na Piscina Municipal de Ponteareas a 4ª xornada da Liga Galega de Clubs de 3ª División. A competición comezará ás 11.00 horas (¡¡ollo co horario de verán!!!) e o quecemento ás 10.00 horas. Para esta xornada están convocados/as polo Club Natación Ponteareas:

Jennifer Chamadoira, Tatiana Vázquez, Estefanía Chamadoira, Sandra Sobreira, Alba Ucha, Raquel Landín, Alba Paz, Lucía Pardo, Mari Paz Álvarez, Miguel Ángel Garrido, Diego Paz, Alejandro Reigosa, Luis Pardo, Marcos Soutullo, Pablo Garrido, Iago Aldir e Santiago Rodríguez.

Esperamos contar de novo coa colaboración dos pais e nais coa organización da proba.

¡¡¡Acudide a animar aos nosos nadadores/as!!!

CONVOCATORIA 4ª XORNADA G 0, G 1 E G 2

Este sábado 24 de marzo, na Piscina Municipal de Redondela celebrarase a 4ª xornada local das categorías G-0, G-1 e G-2. As probas comezarán ás 17.30 horas e o quecemento será dende as 16.30 horas. POlo Club Natación Ponteareas están convocados/as:

Clara Soutullo, Andrea Vázquez, Lucas Costa, Iago Sobreira, Sara Gándara, Adrián Gándara, Manuel Ibáñez, Rocío Landín, Anaïs Ucha, Magaly Freire, Mª Elena Pino, Sara Porrit, Marta Castro, Francisco Cobelo, Martín Carrera e Nerea Pérez.

Para varios vai ser a súa `primeira competición, polo que lles desexamos que o pasen moi ben na mesma.

SEGUIMOS MEDRANDO

Con dúas novas altas, xa son 41 as licenzas de deportistas de competición coas que contamos, e a rede pescando. Seguimos batindo records. Xa son 13 as altas desta temporada (máis do 30% do número de deportistas que tiñamos no comezo da mesma)

CONVOCATORIA 2ª XORNADA LIGA G-4

Este sábado 3 de marzo celebrarase a 2ª xornada da Liga G-4 na Piscina do Real Club Náutico de Vigo. As probas serán a partires das 17.30 horas e os nadadores/as deberán estar alí ás 16.30 horas para o quecemento.

Os deportistas convocados polo Club Natación Ponteareas para esta xornada son: Alba Ucha, Marcos Soutullo, Alejandro Reigosa, Lusi Pardo e Diego Paz.