Blogia
Club Natacion Ponteareas

NOVAS DO CLUB

DOMINGO 30 DE MARZO: XORNADA LOCAL DE LIGAS DE IDADES

Este vindeiro domingo 30 de marzo celebrarase na Piscina Municipal de Ponteareas unha nova xornada da Liga de Idades, na que estarán o C.T. Codesal, C.N. Redondela e o Club Natación Ponteareas.

As probas comezarán ás 17.30 horas e o quecemento ás 16.30 horas.

Están convocados/as todos os nadadores/as das categorías promesas, benxamín e alevín.

MARCOS SOUTULLO NO CAMPIONATO DE ESPAÑA JUNIOR DE INVERNO

O nadador do Club Natación Ponteareas Marcos Soutullo Rodríguez participará no Campionato de España Junior de Inverno, que se celebrará do 28 ao 30 de marzo en Xixón.

Marcos nadará 200 braza e 200 estilos o sábado 29 e estará acompañado polo adestrador do Club Andrés Carrera.

NOVAS MEDALLAS NO CAMPIONATO GALEGO INFANTIL DE INVERNO

Os pasados 23 e 24 de febreiro celebrouse na Piscina Rías do Sur de Pontevedra o Campionato Galego Infantil de Inverno. Polo Club Natación Ponteareas participaron os nadadores/as:

Diego Paz Sobreira

Miguel Angel Garrido Castañal

Jennifer Chamadoira Domínguez

Tatiana Vázquez Alfaya

Anaïs Ucha Mutilba

Mª Elena Pino Ferreira

Rocío Landín Gallego

Todos tiveron unha actuación moi boa, destacando as tres medallas conseguidas por Miguel Ángel Garrido, que se proclamou campión galego en 50 e 100 libre e subcampión galego en 200 libre; a medalla de ouro de Diego Paz en 100 estilos e a de prata en 400 estilos e a medalla de bronce de Anaïs Ucha en 100 braza.

ESTEFANÍA CHAMADOIRA, CAMPIONA GALEGA JÚNIOR

A nadadora do Club Natación Ponteareas Estefanía Chamadoira Domínguez acadou a medalla de ouro na proba de 100 estilos no Campionato Galego Júnior de Inverno, celebrado na Piscina de Santa Isabel en Santiago de Compostela entre o 28 e o 30 de decembro de 2007, converténdose na Campiona Galega Júnior desta proba.

Fantástico peche de campionato para esta nadadora.. Con esta xa son catro as medallas que ten o Club neste Campionato Galego.

ALEJANDRO REIGOSA, BRONCE EN 200 COSTAS NO CAMPIONATO GALEGO JÚNIIOR

O nadador do Club Natación Ponteareas Alejandro Reigosa Lago acadou a medalla de bronce na proba de 200 costas no Campionato Galego Júnior de Inverno, celebrado na Piscina de Santa Isabel en Santiago de Compostela entre o 28 e o 30 de decembro de 2007.

Esta é unha medalla moi merecida por este nadador polo seu continuado esforzo nos adestramentos para acadar estas metas. Con esta xa son tres as medallas que ten o Club neste Campionato Galego.

ESTEFANÍA CHAMADOIRA, BRONCE EN 50 BOLBORETA NO CAMPIONATO GALEGO JÚNIOR

A nadadora do Club Natación Ponteareas Estefanía Chamadoira Domínguez acadou a medalla de bronce na proba de 50 bolboreta no Campionato Galego Júnior de Inverno, celebrado na Piscina de Santa Isabel en Santiago de Compostela entre o 28 e o 30 de decembro de 2007.

Un novo éxito na súa carreira deportiva. Con esta xa son dúas as medallas que ten o Club neste Campionato Galego.

Nesta proba tamén acadou un extraordinario 5º posto Sandra Sobreira.

MARCOS SOUTULLO, BRONCE EN 200 BRAZA NO CAMPIONATO GALEGO JUNIOR DE INVERNO

O nadador do Club Natación Ponteareas acadou un extraordinario 3º posto na proba dos 200 braza no Campionato Galego de Inverno júnior celebrada este venres 28 de decembro en Santiago.

É un éxito máis a sumar na traxectoria deste nadador e do noso Club.

Tamén tiveron moi boas actuacións Estefanía e Jennifer Chamadoira, Alejandro Reigosa e Raquel Landín.

Felicitacións a todos/as eles/as.

DOCE REPRESENTANTES DO CLUB NATACIÓN PONTEAREAS NO XXI TROFEO DE NAVIDAD

Este sábado 8 de decembro de 2007 celebrouse na Piscina do Real Club Náutico de Vigo, o XXI Trofeo de Navidad, no que houbo unha importante participación e marcas moi interesantes, batíndose un récord galego. Entre os deportistas pariticipantes houbo doce do Club Natación Ponteareas que rexistraron na súa maioría importantes melloras nas marcas.

A destacar o feito de que Marcos Soutullo conseguiu a mínima para o Campionato de España da súa categoría na proba de 200 estilos.

OITO REPRESENTANTES DO CLUB NATACION PONTEAREAS NO XI TROFEO DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

BO RESULTADO DO CLUB NATACIÓN PONTEAREAS NA LIGA GALEGA

Na 2ª xornada da Liga Galega de Clubs de 2ª División, celebrada este sábado 24 de novembro na Piscina da Cañiza, os nosos nadadores/as acadaron un importante 4º posto, conseguindo varias mínimas para os diferentes Campionatos Galegos e logrando marcas de moita valía.

Confiamos en lograr ao remate da temporada o obxectivo porposto de manternos nesta categoría para a vindeira temporada.

Agradacemos a colaboración prestada coa organización por parte das persoas do club que cronometraron.

LIGA GALEGA DE CLUBS DE 2ª DIVISION

Este pasado sábado 10 de novembro comezou a Liga Galega de Clubs de 2ª División na Piscina de Narón, onde o Club Natación Ponteareas acadou un magnífico 4º posto a só 9 puntos do 3º clasificado.

A seguinte xornada desta liga será na Piscina Municipal da Cañiza, ao non deixarnos a Empresa Concesionaria a Piscina Municipal de Ponteareas, o sábado 24 de novembro.

Como sempre, esperamos a colaboración de todos/as coa organización desta xornada.

REMATE DOS ADESTRAMENTOS NESTA TEMPORADA 2006-07

Co remate do mes de xullo, tamén rematan os adestramentos do Club por esta exitosa temporada 2006-07. Os adestramentos reanudaranse o vindeiro 3 de setembro en horarios de tarde como de costume. Desexámosvos un bo mes de agosto e que os nosos nadadores/as veñan con moitas gañas en setembro para comezar a tope a temporada.

MOI BOA ACTUACIÓN DE MARCOS SOUTULLO NO CAMPIONATO DE ESPAÑA INFANTIL

Queremos felicitar a Marcos Soutullo Rodríguez, nadador do Club Natación Ponteareas, que participou estes días no Campionato de España Infantil de Natación en Madrid. Na proba de 100 braza quedou nun meritorio 29º posto e na proba de 200 estilos no 40º, o que colma as expectativas que se tiñan.

Esperamos que para a temporada vindeira siga coa súa evoluxión e pouco a pouco se vaia achegando a metas máis altas aínda que as xa acadadas nesta temporada.

MARCOS SOUTULLO NO CAMPIONATO DE ESPAÑA INFANTIL DE VERÁN

O nadador do Club Natación Ponteareas porá fin á temporada 2006-07 do Club coa súa participación no Campionato de España Infantil a celebrar a partires deste domingo 29 de xullo en Madrid. Acudirá alí acompañado do seu adestrador Andrés Carrera para participar nas probas de 100 braza e 200 estilos. Esperamos que disfrute moito deste campionato, pois xa é un éxito moi grande que estea alí presente.

CEA FIN DE TEMPORADA: TODO UN ÉXITO

Todo un éxito foi a cea de fin de temporada do Club Natación Ponteareas, á que asistiron finalmente un total de 61 persoas entre nadadores/as, técnicos e familiares dos deportistas. Durante a mesma os nadadores/as fixéronlle unha pequena homenaxe ao adestrador e Director técnico do Club Andrés, como mostra de agradecemento polo seu traballo durante esta temporada.

Os compañeiros/as de Xunta Directiva entregáronlle un pequeno detalle ó ata agora Vicepresidente do Club Adriano por mor da súa marcha da Xunta Directiva despois de 9 anos na mesma e pola súa dedicación ó club durante estes anos.

Como xa é tradicional, entregáronselle uns detalles por parte do club aos catro medallistas desta temporada nos campionatos galegos, Anaïs, Miguel, Fany e Marcos e tamén se lles entregaron uns pequenos detalles a tódolos deportistas presentes na cea.

Foi un acto social importante e esperamos que para a temporada vindeira volva a haber unha asistencia semellante.

MOI BOA ACTUACIÓN DO CN PONTEAREAS NO IX TROFEO CODESAL

De moi boa hai que cualificar a actuación dos nosos deportistas neste Trofeo este sábado 14 de xullo. Na clasificación final acadamos o 4º posto de entre dez equipos e ademais, a nivel individual obtiveron medalla:

Anaïs Ucha Mutilba: plata en 50 costas e ouro en 50 braza.

Miguel Ángel Garrido Castañal: plata en 50 costas e ouro en 50 libre.

Raquel Landín Gallego: bronce en 50 bolboreta.

Estefanía Chamadoira Domínguez: plata en 50 costas.

Jennifer Chamadoira Domínguez: bronce en 50 costas.

Ademais houbo varios cuartos postos.

SÁBADO 14 DE XULLO: CEA DE FIN DE TEMPORADA

Este sábado 14 de xullo de 2007 farase a cea de fin de temporada do Club Natación Ponteareas para a que están anotadas 60 persoas, batindo o récord de asistencia a eventos deste tipo no club. É unha boa forma de despedir a temporada 2006-07 que tan boa foi para o club, tanto por acadar éxitos deportivos importantes, como polo aumento considerable no número de deportistas do mesmo. Esta é a temporada da consolidación do club e xa temos que comezar a mirar máis para arriba.

Nesta cea esperamos que quede claro unha vez máis que este si que é moito máis que un club: é unha verdadeira familia na que todos e todas están a colaborar.

Desexamos que todos os asistentes o pasemos moi ben nesta cea.

VENRES 13 DE XULLO: ASEMBLEA XERAL DE SOCIOS/AS DE REMATE DE TEMPORADA

Este venres 13 de xullo a partires das 20.15 horas en 1ª convocatoria e das 20.45 horas en 2ª convocatoria, celebrarase a Asemble de remate de temporada do Club Natación Ponteareas no Local do Club, de acordo coa seguinte

ORDE DO DÍA:

1º Informe deportivo da temporada.

2º Balance de contas a 30 de xuño de 2007.

3º Presentación da nova Xunta Directiva do Club.

4º Información xeral.

5º Rogos e preguntas.

Esperamos a asistencia de todos/as.

4

XOVES 12 DE XULLO: RECEPCIÓN OFICIAL NO CONCELLO PARA O CLUB NATACIÓN PONTEAREAS

Este xoves 12 de xullo ás 20.30 vaise facer unha recepción oficial por parte do Concello de Ponteareas aos nadadores e nadadoras do Club Natación Ponteareas que están levando o nome de Ponteareas por toda Galicia e tamén por España, xa que este ano temos por primeira vez nadadores/as nos Campionatos de España Alevín (Zaragoza) e Infantil (Madrid). Quérese destacar así a labor destes deportistas e tamén mencionar a aqueles/as que acadaron medallas nos campionatos galegos nesta temporada chea de éxitos para o noso club.

Esperamos que asistan familiares dos deportistas para apoialos neste acto tan especial.

SÁBADO 14 DE XULLO: IX TROFEO CODESAL

Este sábado 14 de xullo celébrase na Piscina ao aire libre do Club de Tenis Codesal na Guarda o IX Trofeo de Natación Codesal. Como en edicións anteriores, o Club Natación Ponteareas vai participar desta vez con 33 nadadores/as. Aproveitaremos para comer xuntos todos os que queiramos en Camposancos coas viandas que levemos da casa. O trofeo será en sesións de mañá e tarde, pola mañá as probas a partires das 11.00 horas e quecemento unha hora antes e pola tarde quecemento ás 16.00 horas e probas ás 17.00 horas.

Estamos seguros de que os nosos nadadores/as van rendir como nos teñen acostumados nesta temporada. Alí van estar tódolos nadadores e nadadoras do noso club das categorías G-1 e maiores.