Blogia
Club Natacion Ponteareas

NOVAS DO CLUB

GRAN ACTUACIÓN DOS NOSOS REPRESENTANTES NO CAMPIONATO GALEGO ABSOLUTO DE VERÁN

De realmente boa hai que cualificar a actuación dos nosos representantes no Campionato Galego Junior e Absoluto de Verán. Especialmente destacar a actuación de Raquel Landín Gallego e Marcos Soutullo Rodríguez que lograron clasificarse para as finais B en tódalas probas nas que participaron, situándose polo tanto, entre os 16 mellores de Galicia nestas seis probas.

CAMPIONATO GALEGO ABSOLUTO DE VERÁN

Nestes días, 6, 7 e 8 de xullo de 2007, estase a celebrar o Campionato Galego Absoluto de Verán na Piscina Olímpica Rías do Sur de Pontevedra, coa participación de catro nadadores/as do Club Natación Ponteareas:

Raquel Landín Gallego.

Marcos Soutullo Rodríguez.

Iago Aldir Álvarez.

Santiago Rodríguez Casal.

Desexámoslles sorte aos catro.

FANY CHAMADOIRA E MARCOS SOUTULLO EN VIGOMETROPOLITANO.COM

Na web vigometropolitano.com hai información sobre os éxitos destes dous nadadores do Club Natación Ponteareas.

EXTRAORDINARIA ACTUACIÓN NO CAMPIONATO GALEGO INFANTIL DE VERÁN

De extraordinaria cabe cualificar a actuación dos 8 representantes do Club Natación Ponteareas no Campionato Galego de Natación Infantil de Verán, celebrado en Ribeira este fin de semana. Ademais de dúas medallas, houbo moi bos postos e na clasificación conxunta acadouse o 12º posto por equipos con 209.5 puntos, deixando por debaixo a clubes moi importantes. Todos/as melloraron as súas marcas.

 ¡¡¡¡¡¡¡Felicidades para: Fany, Jenny, Sandra, Tatiana, Marcos, Luis, Diego e Álex!!!!!!!

 

MARCOS SOUTULLO BRONCE NO CAMPIONATO GALEGO E MÍNIMA PARA O CAMPIONATO DE ESPAÑA

O nadador Marcos Soutullo Rodríguez acadou a medalla de bronce na proba de 100 braza no Campionato Galego de Natación Infantil de verán celebrado este fin de semana en Ribeira.

Ademais logro as marcas mínimas nas probas de 100 braza e 200 estilos para o Campionato de España Infantil de verán que se celebrará en Madrid. É así o terceiro nadador do club que logra este ano ir a un Campionato de España, despois de que a temporada pasada xa quedara a moi pouco de conseguilo

¡¡¡¡FELICIDADES!!!!

¡¡¡¡¡XA TEMOS UNHA CAMPIONA GALEGA DE NATACIÓN!!!!!

Despois de buscalo durante estes últimos anos, a nadadora Estefanía Chamadoira Domínguez cadaou o seu primeiro campionato galego na proba de 100 estilos no Campionato Galego Infantil celebrado en Ribeira este fin de semana. É a primeira nadadora na histioria do Club Natación Ponteareas que acada este logro, xuntándose co Campionato Galego que acadou en categoría alevín masculino Miguel ängel Garrido.

Felicitamos a esta extraordinaria nadadora e confiamos en que sigan os seus éxitos na natación.

MIGUEL ÁNGEL GARRIDO E ANAÏS UCHA NO CAMPIONATO DE ESPAÑA ALEVÍN

De moi boa experiencia hai que calificar a que tiveron estes dous nadadores/as no seu primeiro campionato de España, co que puxeron un broche de ouro a unha temporada realmente sensacional por parte destes representantes do noso club. En Zaragoza atopáronse cos mellores nadadores/as de España da súa idade (entre os que están eles tamén) e rendiron tan ben como o veñen facendo na súa andaina no Club.

Felicitámolos aos dous e desexámoslles que para a temporada que vén poidan volver estar nun Campionato de España.

ANAIS UCHA E MIGUEL ANGEL GARRIDO EN VIGOMETROPOLITANO.COM

No xornal dixital vigometropolitano.com aparece información sobre éxitos recentes destes dous nadadores/as e do Club Natación Ponteareas.

ANAÏS UCHA E MIGUEL ÁNGEL GARRIDO AO CAMPIONATO DE ESPAÑA DA XUVENTUDE

Os nadadores do Club Natación Ponteareas, logo dunha extraordinaria temporada, Anaïs Ucha Mutilba e Miguel Ángel Garrido Castañal, participarán no Campionato de España da Xuventude os vindeiros 27, 28 e 29 de xuño en Zaragoza, o que constitúe un éxito sen precedentes na historia do noso club ó ser os primeiros nadadores do mesmo en participar nun Campionato de España.

Desexámoslles que se divirtan e que disfruten nadando nunha competición desta importancia.

¡¡¡¡¡NORABOA AOS DOUS!!!!!

¡¡¡¡XA TEMOS UN CAMPIÓN GALEGO!!!!!

O nadador do Club Natación Ponteareas Miguel Ángel Garrido Castañal proclamouse este domingo 17 de xuño campión galego na proba de 100 libre no Campionato Galego Alevín celebrado na Piscina de Caranza no Ferrol, nunha proba extraordinaria na que fixo unha marca de 1.03.12. É así o primeiro nadador do noso club que acada un campionato galego e que supón un enorme premio o traballo feito por este nadador nos sete anos que leva no club. Este un broche espectacular a unha temporada sensacional que rematará coa súa presenza no Campionato de España da Xuventude na proba de 100 libre e nos relevos representando a Galicia.

¡¡¡Felicidades campión!!! 

ANAÏS UCHA MUTILBA, BRONCE EN 100 BRAZA

A nadadora do Club Natación Ponteareas Anaïs Ucha Mutilba obtivo a medalla de bronce na proba de 100 braza no Campionato Galego Alevín celebrado este fin de semana en Ferrol.

¡¡¡¡¡¡Felicidades!!!

MIGUEL ÁNGEL GARRIDO CASTAÑAL, SUBCAMPIÓN GALEGO EN 100 COSTAS

O nadador do Club Natación Ponteareas Miguel Ángel Garrido Castañal proclamouse este sábado 16 de xuño subcampión galego na proba de 100 costas no Campionato Galego Alevín celebrado na Piscina de Caranza no Ferrol, nunha proba fantástica na que fixo unha marca de 1.12.77.

¡¡¡Felicidades Miguel!!! 

MIGUEL ÁNGEL GARRIDO CASTAÑAL BRONCE EN 100 ESTILOS

O nadador do Club Natación Ponteareas Miguel Ángel Garrido Castañal obtivo este sábado 16 de xuño a medalla de bronce na proba de 100 estilos no Campionato Galego Alevín celebrada na Piscina de Caranza no Ferrol, quedando a poucas centésimas da prata.

¡¡¡Felicidades Miguel!!! 

CAMPIONATO GALEGO ALEVÍN

Este fin de semana que vén (16 e 17 de xuño) celebrarase o Campionato Galego de Natación Alevín na Piscina de Caranza no Ferrol. Polo Club Natación Ponteareas estarán presentes:

Anaïs Ucha Mutilba, nas probas de 100 e 200 braza e 200 estilos.

Miguel Ángel Garrido Castañal, nas probas de 100 estilos, 100 costas e 100 libres e nos releveos de 4x100 libre e 4x200 libre.

Adrián Gándara Díez, nas probas de 200 libre, 4x100 libre e 4x200 libre.

Juan Antonio Vázquez Mouzo, nas probas de 4x100 libre e 4x200 libre.

Francisco Cobelo Represas na proba de 4x100 libre

Manuel Gabriel Ibáñez Carrera na proba de 4x200 libre.

Felicitamos a estes nadores/as pois xa é un premio clasificarse para un Campionato Galego e aver si traemos algunha medalla para Ponteareas, que se xunten ás sete que temos de Campionatos Galegos anteriores.

¡¡¡¡XA ESTAMOS NA SEGUNDA DIVISIÓN!!!!

O pasado sábado na Piscina da Universidade de Santiago fíxose a última xornada da LIga Galega de 3ª División, acadando o Club Natación POnteareas a segunda praza nesa xornada e támén a segunda praza na clasificación final, polo que o noso club ascende a segunda división, onde nos imos encontrar con clubes de amplo historial e onde teremos que tentar conseguir a permanencia.

Felicitamos ao adestrador e aos nadadores/as por ter feito posible este novo éxito na aínda curta historia do Club Natación Ponteareas.

SÁBADO 12 DE MAIO: 6ª XORNADA DA LIGA G-3

Este sábado 12 de maio celebrarase en Vigo na Piscina do Real Club Náutico de Vigo a 6ª xornada zonal da Liga G-3. Polo Club Natación Ponteareas están convocados/as 7 nadadores/as:

Estefanía Chamadoira, Jennifer Chamadoira, Sandra Sobreira, Tatiana Vázquez, Miguel Ángel Garrido, Juan Antonio Vázquez e Víctor David Freire. Todos eles/as nadarán 100 libre e 200 braza. Ademais elas farán o relevo de 4x50 costas.

Esperamos que sigan caendo marcas mínimas.

O ASCENSO A PUNTO!!!

Este domingo 6 de maio os nadadores e nadadoras do Club Natación Ponteareas volveron a ter unha brillante actuación gañando a 5ª xornada da Liga Galega de clubs de 3ª división por diante do C.N. Arteixo e C.N. Rías Baixas. Con este triunfo o ascenso xa está na man a non ser que haxa unha hecatombe na última xornada, pois cun cuarto puesto é suficiente para ascender. Ademais, temos posibilidades incluso de ser campións.

Houbo marcas realmente extraordinarias por parte dos nosos representantes e por vez primeira na historia do club, un nadador Diego Paz Sobreira logra baixar do minuto nos 100 libres e pensamos que pronto haberá máis nadadores/as do club que seguirán este camiño.

¡¡¡¡FELICIDADES A TODOS E TODAS!!!!!

FANTÁSTICA ACTUACIÓN NO XVII TROFEO CIDADE DE LUGO

Este sábado 21 de abril, o Club Natación Ponteareas participou con 26 nadadores/as no XVII Trofeo Cidade de Lugo, obtendo os mellores resultados nas súas participacións neste Trofeo. Ademais das excelentes actuacións de todos e todas os nosos/as representantes, houbo 5 medallas:

Anaïs Ucha foi ouro en 50 braza no grupo B.

Miguel Ángel Garrido foi ouro en 50 libre e bronce en 50 bolboreta no grupo B.

Marcos Soutullo foi prata en 100 braza grupo C.

Estefanía Chamadoira foi bronce en 100 bolboreta grupo C.

Anaïs tamén foi 4ª a só 8 centésimas do bronce en 50 costas.

¡¡¡FELICIDADES E TODOS/AS!!!!

CURSO DE CRONOMETRADORES/AS

Para que os custes das competicións que organiza o Club sexan menores, dende sempre se procurou que os familiares dos nadadores/as e os nadadore/as de 16 anos ou maís fixeran o curso de cronometradores/as. Como neste intre hai bastantes familias nas que non hai ningún cronometrador/a, imos solicitar un novo curso ao Comité de árbitros para facer en Ponteareas. Tentaremos que sexa o 3 de xuño pola mañán, coincidindo co noso VIII Trofeo da Amizade.

 PREGAMOS QUE SE INSCRIBAN NO CURSO COMUNICÁNDOO A CALQUERA MEMBRO DA XUNTA DIRECTIVA.

PARA QUE O CLUB SEXA VIABLE TODOS E TODAS TEMOS QUE IMPLICARNOS.

TRES MEDALLAS EN INDIVIDUAL E 1 EN RELEVOS NO I TROFEO PROMESAS DO LÉREZ

Os nadadores/as do Club Natación POnteareas acadaron tres medallas en probas individuais e unha en relevos neste Trofeo celebrado este sábado 31 de marzo en Pontevedra, na Piscina Rías do Sur. Houbo ademais outros 4 finalistas e houbo un número importante de nadadores/as dos que se incorporaron ao club recentemente que tiveron unha actuación fantástica. Así, o nadador Adrián Gándara, que leva moi pouco tempo no club, xa acadou a mínima para o Campionato Galego da súa categoría na proba de 200 libre, onde foi 7º. Anaïs Ucha foi campiona nos 100 braza G-2 e fixo a mínima para o Campionato de España. Miguel Ángel Garrido, segue baixando as súas marcas e foi prata en 100 libre G-3. Marcos Soutullo, foi 3º e bronce en 50 braza do G-4, nunha proba moi igualada entre os tres primeiros.

Por último, o relevo de 4x50 estilos masculino formado por Alejandro Reigosa, Marcos Soutullo, Miguel Ángel Garrido e Adrián Gándara acadou a medalla de bronce nunha magnífica proba por parte dos catro.

Tamén foron finalistas Sandra Sobreira, que foi 4ª en 200 bolboreta, Luis Pardo que foi 7º en 50 libres e Alejandro Reigosa, 7º en 50 costas.

Noraboa a tódolos/as deportistas que representaron ao noso Club neste trofeo.