Blogia
Club Natacion Ponteareas

ÉXITO DOS NOSOS NADADORES NO I TROFEO CIDADE DE PONTEVEDRA

Temos que felicitar aos nadadores e nadadoras do Club Natación Ponteareas que participaron neste Trofeo: Anaïs, Tati, Miguel, Tono, Fany, Sandra, Leti, Diego, Hermindo, Luis, Alex, Iago, Alba Paz e Alba Ucha.

Destacar as medallas conseguidas por Miguel (ouro en 200 costas masculino G-2 con 9 segundos de diferenza sobre o segundo) e por Diego en 200 braza masculino G-3. Nesta proba Hermindo quedou a só 6 centésimas do bronce, acadando a mínima para o Campionato Galego. Tamén acadaron mínimas Miguel en 200 costas e Anaïs en 200 libre.

No relevo de 8x50 fomos quintos cunha magnífica actuación dos nosos representantes.

0 comentarios