Blogia
Club Natacion Ponteareas

RESULTADOS LIGAS IDADES 19 MARZO EN PONTEAREAS

De novo os nadadores e nadadoras do Club Natación Ponteareas volveron a ter unha boa actuación, acadando varias mínimas para os Campionatos Galegos. Así, Miguel Ángel Garrido obtivo a mínima en 100 libre, mellorando a súa marca persoal en 5 segundos; Alejandro Reigosa obtivo a mínima nos 100 costas, mellorando 4 segundos a súa marca. Anaïs Ucha obtivo a mínima nos 200 estilos. Por outra banda, Marcos Soutullo en 50 braza e Estefanía Chamadoira en 200 libres e 200 costas volveron a nadar por debaixo das mínimas.

Felicitamos tamén a tódolos demais pola súa actuación.

Agradecemos a colaboración prestada coa organización por parte daquelas persoas do club que arbitaron, cronometraron e ocuparon outros postos na organización.

0 comentarios