Blogia
Club Natacion Ponteareas

MIGUEL ÁNGEL GARRIDO CASTAÑAL DOBRE MEDALLISTA NO CAMPIONATO GALEGO G 2

O nadador do Club Natación Ponteareas Miguel Ángel Garrido Castañal ven de escribir unha nova páxina brillante na historia do noso club ao converterse no primeiro nadador do Club que logra dúas medallas nun mesmo campionato galego.

No Campionato Galego de Natación da categoría G-2, celebrado onte e hoxe na Piscina de Santa Isabel en Santiago de Compostela, Miguel Ángel acadou o subcampionato na proba de 100 estilos, mellorando a súa mellor marca persoal en 3 segundos e acadou a medalla de bronce na proba de 100 costas, na que partía coa sexta marca e na que mellorou case 7 segundos a súa mellor marca persoal, baixando da barreira do 1.20. A estas dúas medallas únese un fantástico quinto posto na proba de 100 libre, na que baixou 1 segundo a súa marca, estando xa no 1.10. Con isto completa unha temporada espectacular na que conta tódalas súas participacións en trofeos con medallas.

Felicitamos tamén a Anaïs Ucha Mutilba e a Jennifer Chamadoira Domínguez que tamén participaron neste Campionato Galego tendo unha boa actuación.

0 comentarios