Blogia
Club Natacion Ponteareas

CONVOCATORIA LIGA GALEGA DE CLUBS 25NOVEMBRO 2006

Este sábado 25 de novembro celebrarase en Lugo na Piscina de As Pedreiras, a segunda xornada da Liga Galega de Clubs de Terceira División. O quecemento será ás 16.30 horas e as probas comezarán ás 17.30 horas. Para cehegar a esta Piscina hai que antes da entrada de Lugo coller a estrada de Madrid e despois saír onde indica Campus Universitario. A piscina está na zona universitaria, preto da Rúa de Fingoi, polo que será bo preguntar por ela unha vez nesa rúa.

Para esta competición están convocados os seguintes deportistas do noso club:

Juan Antonio Vázquez, Miguel Ángel Garrido, Jennifer Chamadoira, Tatiana Vázquez, Sandra Sobreira, Estefanía Chamadoira, Diego Paz, Alba Ucha, Alejandro Reigosa, Luis Pardo, Marcos Soutullo, Raquel Landín, Alba Paz, Iago Aldir, Pablo Garrido, Santiago Rodríguez e Mari Paz Álvarez.

Confiamos en que van ter de novo unha grande actuación. 

0 comentarios