Blogia

Club Natacion Ponteareas

ESTEFANÍA CHAMADOIRA, SUBCAMPIONA GALEGA EN 100 ESTILOS

ESTEFANÍA CHAMADOIRA, SUBCAMPIONA GALEGA EN 100 ESTILOS

Estefanía Chamadoira coa súa medalla de prata no podium de 100 estilos.

MARCOS SOUTULLO SUBCAMPIÓN GALEGO EN 100 E 200 BRAZA

MARCOS SOUTULLO SUBCAMPIÓN GALEGO EN 100 E 200 BRAZA

Marcos Soutullo acadou a prata en 100 e 200 braza, o seu estilo preferido, no pasado Campionato Galego de natación Infantil de Inverno.

Na foto Marcos cunha das súas medallas no podium.

EXTRAORDINARIA ACTUACIÓN DOS NOSOS NADADORES/AS NO CAMPIONATO GALEGO INFANTIL DE INVERNO

Unha vez máis, os nosos representantes lograron marcar un novo chanzo na historia do Club Natación Ponteareas. No Campionato Galego Infantil de Inverno celebrado o pasado fin de semana en Carballo acadáronse varios rexistros históricos do club. Así, foi o Campionato Galego con maior número de representantes do club, o de maior número de medallas acadadas, o de maior número de relevos, o de maior puntuación por clubs, deixando por debaixo a clubs que ata agora sempre obtiveran maior puntuación ca o noso e achegándonos a outros clubs de gran tradición na historia recente da natación.

Temos que destacar a tódolos nadadores e nadadoras que nos representaron: Marcos Soutullo (prata en 100 e 200 braza), Estefanía Chamadoira (prata en 100 estilos), Sandra Sobreira (4ª en 200 bolboreta), Diego Paz, Alejandro Reigosa, Jennifer Chamadoira, Luis Pardo e Tatiana Vázquez.

Foi unha fin de semana moi intensa para o club e que nos encheu de felicidade a todos nós.

Que os éxitos continúen.

¡¡Noraboa a todos/as!!

CONVOCATORIA LIGA G-3 DO 24 DE FEBREIRO

Este sábado 24 de febreiro, a partires das 17.30 horas (quecemento ás 16.30) celebrarase a 4ª xornada da Liga G-3 na Piscina da Fieiteira en Riveira.

Polo Club Natación Ponteareas están convocados os seguintes nadadores/as: Miguel Ángel Garrido Castañal, Juan Antonio Vázquez Mouzo, Víctor David Freire Fernández, Estefanía Chamadoira Domínguez (recente subcampiona galega infantil en 100 estilos), Sandra Sobreira Otero, Jennifer Chamadoira Domínguez e Tatiana Vázquez Alfaya.

Confiamos nunha nova boa actuación dos nosos representantes. 

MARCOS SOUTULLO E ESTEFANÍA CHAMADOIRA, SUBCAMPIÓNS GALEGOS

De extraordinaria hai que volver a cualificar a actuación dos nosos representantes no Campionato Galego Infantil de Inverno, celebrado en Carballo este fin de semana (17 e 18 de febreiro).

Por primeira vez na historia do club, unha nadadora obtivo unha medalla nun Campionato Galego; foi Estefanía Chamadoira, que foi subcampiona galega na proba de 100 estilos e medalla de prata na mesma.

Por outra banda, Marcos pasa a ser o terceiro nadador en categoría masculina que obtivo medalla, sendo subcampión galego en 100 braza e en 200 braza.

Son tres novas medallas en campionatos galegos para o noso club. Seguiremos con máis información sobre este Campionato.

ADESTRAMENTOS NAS FESTAS DO ENTROIDO

Por mor das festas do Entroido e da asistencia ao Campionato Galego Infantil de Natación de Inverno de varios nadadores/as do club, este sábado 17 de febreiro NON HABERÁ adestramento.

Por outra banda, o vindeiro luns 19 de febreiro o adestramento será para todos e todas ás 17.30 horas.

8 NADADORES/AS DO CLUB NATACIÓN PONTEAREAS VAN AO CAMPIONATO GALEGO INFANTIL DE INVERNO

Este fin de semana, os días 17 e 18 de febreiro, catro nadadores e catro nadadoras do Club Natación Ponteareas participarán no Campionato Galego de Natación Infantil de Inverno, que se vai celebrar na Piscina de Bergantiños en Carballo. Este feito constitúe un éxito deportivo importante, pois é a primeira vez que temos tantos representantes clasificados para un Campionato Galego.

Os nadadores/as que participan polo noso club son:

Marcos Sotullo, Alejandro Reigosa, Diego Paz, Luis Pardo, Estefanía Chamadoira, Sandra Sobreira, Jennifer Chamadoira e Tatiana Vázquez.

Esperamos que acaden moi bos resultados e a ver si podemos contar con algunha medalla, aínda que estas están moi caras.

VENRES 9 DE FEBREIRO: ASEMBLEA DE SOCIOS DO CLUB

Lembramos que este venres 9 de febreiro, a partires das 20.15 horas en 1ª convocatoria e das 20.45 horas en segunda convocatoria, terá lugar a Asemblea de socios/as do Club, que segundo os Estatutos do mesmo, corresponde facer neste tempo para dar o balance de contas do ano 2006.

ORDE DO DÍA: Punto único.- Balance de contas a 31 de decembro de 2006.

Esperamos a asistencia de todos/as.

CONVOCATORIA LIGA G-1 DO 10 DE FEBREIRO

Este vindeiro sábado 10 de febreiro celebrarase a 3ª xornada da Liga G-1 na Piscina Rías do Sur de Pontevedra. O quecemento será ás 16.30 horas e as probas ás 17.30 horas.

Están convocados/as para participar polo Club Natación Ponteareas:

Lucas Costa, Iago Sobreira e Sara Gándara. Estes dous últimos terán o seu debut nesta Liga.

RAQUEL LANDÍN 4ª EN 100 ESTILOS NO CAMPIONATO GALEGO ABSOLUTO DE INVERNO

A nadadora do Club Natación Ponteareas pechou unha extraordinaria actuación no Campionato Galego Absoluto de Natación de Inverno, celebrado nesta fin de semana en Santiago, acadando o 4º posto na Final A en 100 estilos, quedándose moi preto das medallas. É esta a mellor actuación dun nadador/a do noso Club en tódalas participacións nos Campionatos Galegos Absolutos.

Felicitamos a Raquel pola súa actuación neste Campionato.

RAQUEL LANDÍN FINALISTA B EN 100 BOLBORETA NO CAMPIONATO GALEGO ABSOLUTO

A nadadora do Club Natación Ponteareas Raquel Landín Gallego acadou a 14ª praza na clasificación final dos 100 bolboreta no Campionato Galego Absoluto que se está a celebrar en Santiago nesta fin de semana. Mellorou a súa marca en máis de 2 segundos dende a toma de tempos feita en Ponteareas o pasado 21 de xaneiro.

Mañá nadarán ela e Santiago Rodríguez os 50 bolboreta. 

VENRES 9 DE FEBREIRO: ASEMBLEA DE SOCIOS DO CLUB

Tal e como sinalan os Estatutos, o venres 9 de febreiro faremos a Asemblea de Socios/as do club á que están convocados os pais e nais e demais socios/as do mesmo cun único punto na Orde do día: Balance e estado das contas do Club a 31 de decembro de 2006. A primeira convocatoria será ás 20.15 horas e a segunda convocatoria ás 20.45 horas. A asemblea será na Sala de Xuntas do Pavillón Municipal de Ponteareas.

Esperamos unha asistencia importante.

DOUS NADADORES DO CLUB NATACIÓN NO CAMPIONATO GALEGO ABSOLUTO DE INVERNO

Santiago Rodríguez Casal e Raquel Landín Gallego representarán ao Club Natación Ponteareas no Campionato Galego Absoluto de Inverno, que se celebrará entre o 2 e o 4 de febreiro na Piscina de Santa Isabel en Santiago De Compostela.

Santiago Rodríguez fará 50 bolboreta e Raquel Landín 100 bolboreta, 50 bolboreta e 100 estilos.

Esperamos que nalgunha das probas se clasifiquen para as finais.

CONVOCATORIA 3ª XORNADA DA LIGA G-2 DO 27 XANEIRO 2007

Este sábado 27 de xaneiro os nadadores e nadadoras da categoría G-2 participarán na 3ª xornada da súa liga na Piscina Rías do Sur en Pontevedra.

Polo Club Natación Ponteareas están convocados: Anaïs Ucha, Rocío Landín, Magaly Freire, Mª Elena Pintos, Sara Porrit, Nerea Pérez e Francisco Cobelo. Participan por primeira vez nesta Liga os cinco últimos.

O quecemento será ás 16.30 horas e as probas ás 17.30 horas.

VARIAS MÍNIMAS NA TOMA DE TEMPOS DO 21 DE XANEIRO

Na toma de tempos feita en Ponteareas este domingo 21 de xaneiro houbo varios nadadores/as que acadaron marcas mínimas para poder participar nos Campionatos Galegos da súa categoría, co que o obxectivo desta competición foi conseguido.

Tamén temos que destacar que 6 nadadores/as competiron por primeira vez, facéndoo moi ben.

Estiveron tamén nadadores/as de Mos e Porriño. Nas bancadas houbo moita animación e unha importante asistencia de público, resultando un espectáculo deportivo moi interesante.

CLUB NATACIÓN PONTEAREAS: A FAMILIA MEDRA

Con dúas novas altas realizadas neste mes de xaneiro de 2007 xa son 36 as licenzas de deportistas que ten o Club Natación Ponteareas, constituíndo o número máis alto de licenzas a un tempo na historia do club. Esperamos seguir aumentando e poder chegar aos 40 nadadores/as con licenza de deportista de competición.

Confiamos que nas vindeiras datas tamén haxa novidades na sección Master.

Lembra que si queres que a natación sexa o teu deporte e vives en Ponteareas ou na zona, o Club Natación Ponteareas espérate. ¡¡¡VEN NADAR CONNOSCO!!!

CONVOCATORIA LIGA G-0 E LIGA G-3 DO 20 DE XANEIRO

Este sábado 20 de xaneiro celebrarase na Piscina Municipal do Porriño unha nova xornada das categorías G-0 e G-3. Alí estarñan nadadores/as da nosa zona. O quecemento será ás 16.30 horas e as probas ás 17.30 horas.

Polo noso club están convocados/as:

Miguel Ángel Garrido, Juan Antonio Vázquez, Víctor David Freire, Estefanía Chamadoira, Sandra Sobreira, Jennifer Chamadoira, Tatiana Chamadoira, Andrea Vázquez e Clara Soutullo.

TOMA DE TEMPOS EN PONTEAREAS O 21 DE XANEIRO

Este domingo 21 de xaneiro pola tarde haberá unha toma de tempos na Piscina Municipal de Ponteareas. Nela participarán tódolos anadadores/as do Club Natación Ponteareas, así como algúns de outros clubs da zona que foron convidados a facelo. O quecemento será ás 16.00 horas e as probas a partires das 17.00 horas.

Esperamos contar coa colaboración de todos para organizar esta competición.

FANTÁSTICA ACTUACIÓN DO C. N. PONTEAREAS EN LUGO

Este pasado sábado 13 de xaneiro os nadadores e nadadoras do Club Natación Ponteareas acadaron un dos éxitos máis importantes na súa andaina, conseguindo o primeiro posto na terceira xornada da Liga Galega de Clubs de 3ª División. Volveron a acadarse varias marcas mínimas para os Campionatos Galegos e incluso algunha que queda a moi pouco das mínimas para o Campionato de España.

Nas seguintes dúas xornadas a celebrar en Ponteareas en marzo e maio teremos dúas importantes oportunidades para poder estar entre os dous aquipos que ascendan de categoría.

Felicitamos aos 17 nadadores/as que fixeron posible este éxito.

CONVOCATORIA 3ª XORNADA DA LIGA GALEGA DE CLUBS

Este vindeiro sábado 13 de xaneiro de 2007 celebrarase na Piscina de As Pedreiras en Lugo a 3ª xornada da Liga Galega de Clubs de 3ª División. Polo noso Club están convocados/as os seguintes nadadores/as:

Mar Paz Álvarez, Lucía Pardo, Santiago Rodríguez, Iago Aldir, Pablo Garrido, Raquel Landín, Alba Paz, Alba Ucha, Marcos Soutullo, Luis Pardo, Alejandro Reigosa, Diego Paz, Estefanía Chamadoira, Sandra Sobreira, Jennifer Chamadoira, Tatiana Vázquez e Miguel Ángel Garrido.

Lembramos que para chegar á Piscina hai que coller a carretera de Madrid antes de entrar en Lugo. Despois hai que seguir ata que aparece un indicador para virar á esquerda que pon campus universitario ou algo parecido. Despois na primeira rotonda que hai coller á dereita ( xa se ve dende ela o Pavillón) e unha vez pasado o Pavillón xa está a Piscina.

O quecemento será ás 16.30 horas e as probas ás 17.30 horas.