BO NADAL
O Club Natación deséxalles aos seus deportistas, familias e colaboradores/as un Bo Nadal e que o ano 2007 sexa polo menos tan bo coma este 2006.
O Club Natación deséxalles aos seus deportistas, familias e colaboradores/as un Bo Nadal e que o ano 2007 sexa polo menos tan bo coma este 2006.
Entre os días 27 de decembro e 5 de xaneiro, os dous incluídos, os adestramentos serán para todos ás 10.30 horas.
Este sábado 16 de decembro celebrarase a 2ª xornada da Liga G-1 na Piscina Rías do Sur de Pontevedra. O quecemento será ás 16.30 horas e as probas ás 17.30 horas. Trátase dunha xornada zonal. Polo noso Club están convocados os nadadores:
Iago Sobreira e Lucas Costa.
Tamén neste mesmo día e co mesmo horario celebrarase a 2ª xornada da Liga G-3 na Piscina do Real Club Náutico de Vigo. Polo Club Natación Ponteareas están convocados/as:
Miguel Ángel Garrido, Juan Antonio Vázquez, Estefanía Chamadoira, Sandra Sobreira, Jennifer Chamadoira e Tatiana Vázquez. Participan nadadores/as do C.T. Codesal, do Golfiños N. Porriño, Real Club Náutico de Vigo e CLUB NATACIÓN PONTEAREAS.
Este sábado 9 de decembro celebrarase na Piscina do Real Club Náutico de Vigo a 1ª xornada da Liga G-4. O quecemento será ás 16.30 horas e as probas ás 17.30 horas. Polo Club Natación están convocados/as:
Luis Pardo Ramilo, Marcos Soutullo Rodríguez, Alejandro Reigosa Lago, Diego Paz Sobreira e Alba Ucha Mutilba.
A primeira xornada do G-4 que se ía celebrar en Santiago este vindeiro luns 2 de decembro, celebrarase o sábado 9 de decembro na Piscina do Real Club Náutico de Vigo.
Este vindeiro sábado 2 de decembro, nadarán na Piscina Municipal de Padrón as nadadoras do Club Natación Ponteareas Anaïs Ucha e Rocío Landín.
O quecemento será ás 16.30 horas e as probas ás 17.30 horas.
Este sábado 25 de novembro o Club Natación Ponteareas participou na 2ª xornada da Liga Galega de Clubs de 3ª División, acadando a segunda posición na mesma por detrás do C.N. Arteixo, cunha mínima diferenza de puntos con eles.
Á espera dos resultados oficiais, son varios os nadadores e nadadoras do noso club que fixeron marcás mínimas para os Campionatos Galegos, tendo de novo unha actuación moi destacada todos e todas.
A Xunta Directiva do Club agradece a todos/as que colaboraron na organización da competición deste domingo 19 de novembro en Ponteareas. Tanto as persoas que arbitraron, como os que cronometraron, estiveron en cámara de saídas, locutora, os que colaboraron na edición dos resultados, os que colaboraron na montaxe e desmontaxe da Piscina, os que axudaron cos contavoltas fixeron novamente un traballo moi importante para o club.
Só coa colaboración de todos/as pode o club seguir adiante.
Animamos todos/as que formamos parte do club que sigamos colaborando co mesmo.
De novo temos que felicitar aos nadadores e nadadoras do Club Natación Ponteareas pola actuación que tiveron na 1ª xornada da Liga das categorías G-0, G-1, G-2 e G-3, que se celebrou na Piscina mUnicipal de Ponteareas este domingo 19 de novembro.
Hai que destacar que competiu por primeira vez Clara Soutullo, e que Andrea Vázquez e Iago Sobreira tamén se estrearon en competición de Ligas, aínda que xa participaron no VII Trofeo da Amizade.
Houbo en xeral melloras importantes nas marcas, acadando mínimas para os Campionatos Galegos Anais Ucha en 100 braza e 200 costas, Estefanía Chamadoira en 200 costas e Miguel Ángel Garrido en 100 costas e 200 costas. Quedáronse moi perto das mínimas Jennifer Chamadoir e Sandra Sobreira.
Felicitamos a todos os nosos deportistas sen excepción pola súa actuación e polo seu comportamento durante a competición.
Este sábado 25 de novembro celebrarase en Lugo na Piscina de As Pedreiras, a segunda xornada da Liga Galega de Clubs de Terceira División. O quecemento será ás 16.30 horas e as probas comezarán ás 17.30 horas. Para cehegar a esta Piscina hai que antes da entrada de Lugo coller a estrada de Madrid e despois saír onde indica Campus Universitario. A piscina está na zona universitaria, preto da Rúa de Fingoi, polo que será bo preguntar por ela unha vez nesa rúa.
Para esta competición están convocados os seguintes deportistas do noso club:
Juan Antonio Vázquez, Miguel Ángel Garrido, Jennifer Chamadoira, Tatiana Vázquez, Sandra Sobreira, Estefanía Chamadoira, Diego Paz, Alba Ucha, Alejandro Reigosa, Luis Pardo, Marcos Soutullo, Raquel Landín, Alba Paz, Iago Aldir, Pablo Garrido, Santiago Rodríguez e Mari Paz Álvarez.
Confiamos en que van ter de novo unha grande actuación.
O Club Natación Ponteareas ocupa o 3º lugar (de 11 equipos) na clasificación da terceira división da Liga Galega de Clubs despois da primeira xornada. A clasificación está ocupada nas primeiras posicións por:
1º CN Rias Baixas 12 puntos
2º C.N. Arteixo 10 puntos
3º C.N. Ponteareas 9 puntos
4º C.D.U. Santiago 8 puntos
Este vindeiro domingo 19 de novembro celebrarase na Piscina Municipal de Ponteareas a primeira xornada das Ligas das categorías G-0, G-1, G-2 e G-3. O quecemento será ás 10.00 horas e as probas a partires das 11.00. Van estar connosco os representantes do C.T. Codesal da Guarda e o C.N. Mos.
Por parte do noso club están convocados/as os seguintes deportistas:
G-0: Andrea Vázquez e Clara Soutullo.
G-1: Iago Sobreira e Lucas Costa.
G-2: Anaïs Ucha e Rocío Landín.
G-3: Juan Antonio Vázquez, Miguel Ángel Garrido, Estefanía Chamadoira, Sandra Sobreira, Jennifer Chamadoira e Tatiana Vázquez.
Pregamos aos pais/nais que colaboren coa organización desta proba, ben como cronometadores/as ou noutros postos da organización.
O Sábado 18 montaremos a Piscina para a competición a partires da 19.30 horas. Esperamos que colaboredes coa xunta directiva para facer esta montaxe.
Así hai que calificar a actuación dos nosos nadadores e nadadoras na primeira xornada da Liga Galega de Clubs de 3ª División que se celebrou na Piscina Municipal do Porriño onte sábado 11 de novembro, nunha maratoniana xornada de competición. Na clasificación provisional estamos no terceiro posto e dependendo de si se confirman ou non dúas descalificacións de representantes nosos poderiamos optar ao primeiro posto.
Á espera de recibir os resultados e as marcas, felicitamos aos nosos deportistas, tendo opcións ata o remate da temporada de ascender de categoría.
Por mor da participación da maioría dos deportistas do Club nunha competición e da asistencia do adestrador á mesma, este sábado 11 de novembro NON haberá adestramento.
Este sábado 11 de novembro celebrarase na Piscina Municipal do Porriño a primeira xornada da Liga Galega de Clubs de 3ª División na que o Club Natación Ponteareas está incluído, xunto con outros 10 clubs. O quecemento será a partires das 16.30 horas e as probas comezarán ás 17.30 horas.
Os convocados polo noso club son:
Tatiana Vázquez Alfaya, Jennifer Chamadoira Domínguez, Miguel Ángel Garrido Castañal, Juan Antonio Vázquez Mouzo, Estefanía Chamadoira Domínguez, Sandra Sobreira Otero, Diego Paz Sobreira, Marcos Soutullo Rodríoguez, Luis Pardo Ramilo, Alejandro Reigosa Lago. Alba Ucha Mutilba, Iago Aldir Álvarez, Pablo Garrido Castañal, Santiago Rodríguez Casal, Raquel Landín Gallego, Alba Paz Sobreira, Lucía Pardo Ramilo, Bruno Durán Gil e Mari Paz Álvarez Costas.
Lembramos que a asistencia á competición é obrigatoria.
Comunicamos que durante esta semana entregaranse as mochilas novas aos nadadores/as que xa teñen tramitada a súa licenza federativa para a temporada 2006-07. Así mesmo, tamén se repartirán os pantalóns curtos que se recolleron para bordarlles o escudo do club, a pesares de que aínda falta algún por facer este bordado.
Aqueles/as que aínda non entregaron is pantalóns curtos para bordar o escudo, deben facelo a maior brevidade posible.
CALENDARIO DE NATACIÓN TEMPORADA 2006-2007
OUTUBRO
DÍA | COMPETICIÓN | SEDE | ORGANIZACIÓN |
14 | TROFEO SAN FROILÁN | Lugo (Pedrerías) | ADCXPORTAMIÑÁ |
21 | CAMPIONATO GALEGO LONGA DISTANCIA |
|
|
NOVEMBRO
11 | LIGA GALEGA 1ª XORNADA | O Porriño (Municipal) | Golfiños/FEGAN |
19 | 1ª XORNADA 99 E POSTERIORES LIGA G1 1ª XORNADA LIGA G2 1ª XORNADA LIGA G3 1ª XORNADA | Ponteareas(Municipal) | C.N. PONTEAREAS |
25 | LIGA GALEGA 2ª XORNADA | Lugo (As Pedrerías) | ADCXPORTAMIÑA/FEGAN |
DECEMBRO
2 | LIGA G-2 2ª XORNADA | Padrón (Municipal) | CNPADRÓN/FEGAN |
9 | LIGA G-4 1ª XORNADA | Vigo (RCN) | RCNVIGO |
|
|
| RCNVIGO |
9 | II TROFEO MEMORIAL CRISTINA CARDAMA | Padrón (Municipal) | CNPADRÓN |
14-17 | CAMPIONATO DE ESPAÑA ABSOLUTO DE INVERNO P 25 | Barcelona | RFEN |
16 | LIGA G-1 2ª XORNADA | Pontevedra (Rías do Sur) | CNGALAICO/FEGAN |
16 | LIGA G3 2ª XORNADA | Redondela(Municipal) | C.N. REDONDELA |
XANEIRO
13 | LIGA GALEGA 3ª XORNADA | Lugo (As Pedrerías) | ADCXPORTAMIÑA/FEGAN |
20 | 2ª XORNADA 99 E POSTERIORES LIGA G3 3ª XORNADA | Porriño(Municipal) | G.N. PORRIÑO |
20 | V TROFEO FLORENTINO | Lalín (Municipal) | CNLALÍN |
| 21 | TOMA DE TEMPOS | Ponteareas(Municipal) | CNPONTEAREAS |
27 | LIGA G-2 3ª XORNADA | Pontevedra (Rías do Sur) | CNGALAICO/FEGAN |
FEBREIRO
2-4 | CAMPIONATO GALEGO ABSOLUTO E JUNIOR DE INVERNO | CNSantiago (Sta.Isabel) | CNSANTIAGO/FEGAN |
10 | NATACIÓN ESCOLAR DIVISIÓN B | LOCAL |
|
10 | LIGA G-1 3ª XORNADA | Pontevedra (Rías do Sur) | CNGALAICO/FEGAN |
17-18 | CAMPIONATO GALEGO INFANTIL INVERNO (M 91-92-93 F 93-94) | Carballo (Bergantiños) | FNCARBALLO/FEGAN |
24 | LIGA G-3 4ª XORNADA | Riveira (Fieiteira) | CNRIVEIRA/FEGAN |
MARZO
3 | LIGA G-4 2ª XORNADA | Vigo (RCN) | RCNVIGO/FEGAN |
9-11 | CAMPIONATO DE ESPAÑA DE IDADES INFANTIL | Sabadell(Can Llong) | RFEN |
16-18 | CAMPIONATO DE ESPAÑA DE IDADES JUNIOR | Madrid (M-86) | RFEN |
25 | LIGA GALEGA 4ª XORNADA | Ponteareas(Municipal | CNPONTEAREAS/FEGAN |
24-25 | COPA DE ESPAÑA DE CLUBES G3 |
| RFEN |
24 | 3ª E 4ª XORNADAS 99 E POSTERIORES LIGA G1 4ª XORNADA LIGA G2 4ª XORNADA | Redondela (Municipal) | C.N. REDONDELA |
31 | TROFEO CIDADE DE PONTEVEDRA | Pontevedra (Rías do Sur) | CNGALAICO |
ABRIL
12-15 | CAMPIONATO DE ESPAÑA OPEN 50 m | Cádiz (Ciudad de Cádiz) | RFEN |
14 | MEMORIAL JUAN VARELA | Ferrol (Batallones) | CMARINA |
| 21-22 | COPA DE ESPAÑA CLUBS | RFEN | |
21 | TROFEO CIUDAD DE LUGO | Lugo (Fluvial) | CFLUGO |
29 | 5ª XORNADA 99 E POSTERIORES LIGA G1 5ª XORNADA LIGA G2 5ª XORNADA LIGA G3 5ª XORNADA | Ponteareas (Municipal) | C.N. PONTEAREAS |
| 29-30 | CAMPEONATO DE ESPAÑA CCAA | Pontevedra(Rias do Sur) | RFEN |
MAIO
| 1 | CAMPIONATO DE ESPAÑA CCAA | Pontevedra(Rías do Sur) | RFEN |
6 | LIGA GALEGA 5ª XORNADA | Ponteareas (Municipal) | CNPONTEAREAS/FEGAN |
12 | LIGA G3 6ª XORNADA | 3. Vigo (RCN) | RCNVIGO/FEGAN |
12 | TROFEO DEPUTACIÓN DE PONTEVERA | (Pendiente confirmación) | CNGALAICO |
19 | LIGA G4 3ª XORNADA | Pontevedra (Rías do Sur) | CNGALAICO/FEGAN |
20 | 6ª XORNADA 99 E POSTERIORES LIGA G1 6ª XORNADA LIGA G2 6ª XORNADA | A Guarda (Municipal) | C.T. CODESAL |
26 | TROFEO INTERNACIONAL CIDADE DE NARÓN | Narón (A Gándara) | CNNARON |
XUÑO
2 | LIGA GALEGA 6ª XORNADA | Santiago(Universidade) | CDUSANTIAGO/FEGAN |
2 | FESTIVAL 99 E POSTERIORES |
|
|
3 | VIII TROFEO DA AMIZADE | Ponteareas (Municipal) | CNPONTEAREAS |
16-17 | CAMPIONATO GALEGO ALEVIN (M 94-95-96 F 85-96 | Ferrol (Caranza) | CNFERROL/FEGAN |
23 | COPA GALEGA G1 | Ferrol (Batallones) | CMARINA/FEGAN |
27-29 | CAMPIONATO ESPAÑA CSD (M 94 F 95) | Zaragoza (P.D. Ebro) | RFEN |
30 | CAMPIONATO GALEGO INFANTIL VERÁN (M 91-92-93 F 93-94) | Riveira (Fieiteira) | CNRIVEIRA/FEGAN |
XULLO
1 | CAMPIONATO GALEGO INFANTIL VERÁN (M 91-92-93 F 93-94) | Riveira(Fieiteira) | CNRIVEIRA/FEGAN |
6-8 | CAMPIONATO GALEGO ABSOLUTO E JUNIOR VERÁN | Pontevedra (Rías do Sur) | CNGALAICO/FEGAN |
24-27 | CAMPIONATO ESPAÑA ABSOLUTO VERÁN | Barcelon (Picornell) | RFEN |
| 30 | CAMPIONATO ESPAÑA INFANTIL DE VERÁN | RFEN |
AGOSTO
1 | CAMPIONATO ESPAÑA INFANTIL DE VERÁN |
| RFEN |
| 2-5 | CAMPIONATO ESPAÑA DE IDADES JUNIOR DE VERÁN | RFEN |
Lembramos que este venres 20 de outubro, ás 20.15 en primeira convocatoria e ás 20.45 en segunda convocatoria, celebrarase a Asemblea Xeral Ordinaria do Club Natación Ponteareas, na Sala de Xuntas do Pavillón de Deportes de Ponteareas, para os pais, nais e demais socios/as do club.
ORDE DO DÍA:
1º Información xeral do Club para a temporada 2006-07
2º Balance económico da temporada 2005-06
3º Aprobación, si procede, do orzamento do Club para a temporada 2006-07
4º Cotas para a temporada 2006-07
5º Rogos e preguntas.
Os adestramentos a partires do luns 9 de outubro serán nos seguintes horarios:
LUNS, MÉRCORES E VENRES: 1º grupo: de 17.30 a 18.30 horas 2º grupo: de 18.30 a 19.30 horas 3º grupo: de 19.15 a 20.15 horas
XOVES: (XIMNASIO PARA MAIORES DE 10 ANOS): De 19.15 a 20.15 horas
SÁBADOS: (Para todos/as): De 16.00 a 17.00 horas.
Foron doadas por unha empresa novas mochilas para os nadadores e nadadoras do club. Proximamente serán repartidas entre os nadadores/as que teñen licenza de deportistas de competición no Club Natación Ponteareas.
Agradecémoslles a esta empresa (que quere quedar no anonimato) a súa colaboración co club.