Blogia
Club Natacion Ponteareas

COMPETICIONS

ÉXITO DOS NOSOS NADADORES NO I TROFEO CIDADE DE PONTEVEDRA

Temos que felicitar aos nadadores e nadadoras do Club Natación Ponteareas que participaron neste Trofeo: Anaïs, Tati, Miguel, Tono, Fany, Sandra, Leti, Diego, Hermindo, Luis, Alex, Iago, Alba Paz e Alba Ucha.

Destacar as medallas conseguidas por Miguel (ouro en 200 costas masculino G-2 con 9 segundos de diferenza sobre o segundo) e por Diego en 200 braza masculino G-3. Nesta proba Hermindo quedou a só 6 centésimas do bronce, acadando a mínima para o Campionato Galego. Tamén acadaron mínimas Miguel en 200 costas e Anaïs en 200 libre.

No relevo de 8x50 fomos quintos cunha magnífica actuación dos nosos representantes.

COMPETICIÓNS PARA OS DÍAS 18 E 19 DE MARZO DE 2006

Este sábado 18 de marzo a partires das 11 da mañá, 18 nadadores/as do Club Natación Ponteareas van participar no I Trofeo Cidade de Pontevedra, organizado polo C.N. Galaico na Piscina Olímpica Fundación Rías do Sur de Ponetevdra. As categorías que participan son G-2, G-3 e G-4. Algúns dos nosos representantes teñen opcións de medalla.

 O domingo 19 de marzo, celebraremos en Ponteareas a 5ª xornada das ligas de Idades das categorías G-0, G-1, G-2, G-3 e G-4. Participará o C.T. Codesal e o C.N. Ponteareas. As probas comezarán a partires das 11.00 e o quecemento a partires das 10.00 horas.