Blogia
Club Natacion Ponteareas

COMPETICIONS

TOMA DE TEMPOS EN PONTEAREAS O 21 DE XANEIRO

Este domingo 21 de xaneiro pola tarde haberá unha toma de tempos na Piscina Municipal de Ponteareas. Nela participarán tódolos anadadores/as do Club Natación Ponteareas, así como algúns de outros clubs da zona que foron convidados a facelo. O quecemento será ás 16.00 horas e as probas a partires das 17.00 horas.

Esperamos contar coa colaboración de todos para organizar esta competición.

CONVOCATORIA 3ª XORNADA DA LIGA GALEGA DE CLUBS

Este vindeiro sábado 13 de xaneiro de 2007 celebrarase na Piscina de As Pedreiras en Lugo a 3ª xornada da Liga Galega de Clubs de 3ª División. Polo noso Club están convocados/as os seguintes nadadores/as:

Mar Paz Álvarez, Lucía Pardo, Santiago Rodríguez, Iago Aldir, Pablo Garrido, Raquel Landín, Alba Paz, Alba Ucha, Marcos Soutullo, Luis Pardo, Alejandro Reigosa, Diego Paz, Estefanía Chamadoira, Sandra Sobreira, Jennifer Chamadoira, Tatiana Vázquez e Miguel Ángel Garrido.

Lembramos que para chegar á Piscina hai que coller a carretera de Madrid antes de entrar en Lugo. Despois hai que seguir ata que aparece un indicador para virar á esquerda que pon campus universitario ou algo parecido. Despois na primeira rotonda que hai coller á dereita ( xa se ve dende ela o Pavillón) e unha vez pasado o Pavillón xa está a Piscina.

O quecemento será ás 16.30 horas e as probas ás 17.30 horas.

CONVOCATORIA LIGA G-1 E LIGA G-3 DO 16 DE DECEMBRO

Este sábado 16 de decembro celebrarase a 2ª xornada da Liga G-1 na Piscina Rías do Sur de Pontevedra. O quecemento será ás 16.30 horas e as probas ás 17.30 horas. Trátase dunha xornada zonal. Polo noso Club están convocados os nadadores:

Iago Sobreira e Lucas Costa.

Tamén neste mesmo día e co mesmo horario celebrarase a 2ª xornada da Liga G-3 na Piscina do Real Club Náutico de Vigo. Polo Club Natación Ponteareas están convocados/as:

Miguel Ángel Garrido, Juan Antonio Vázquez, Estefanía Chamadoira, Sandra Sobreira, Jennifer Chamadoira e Tatiana Vázquez. Participan nadadores/as do C.T. Codesal, do Golfiños N. Porriño, Real Club Náutico de Vigo e CLUB NATACIÓN PONTEAREAS.

CONVOCATORIA G-4 9 DECEMBRO

Este sábado 9 de decembro celebrarase na Piscina do Real Club Náutico de Vigo a 1ª xornada da Liga G-4. O quecemento será ás 16.30 horas e as probas ás 17.30 horas. Polo Club Natación están convocados/as:

Luis Pardo Ramilo, Marcos Soutullo Rodríguez, Alejandro Reigosa Lago, Diego Paz Sobreira e Alba Ucha Mutilba.

CAMBIO DE DATA DA 1ª XORNADA DO G-4

A primeira xornada do G-4 que se ía celebrar en Santiago este vindeiro luns 2 de decembro, celebrarase o sábado 9 de decembro na Piscina do Real Club Náutico de Vigo.

CONVOCATORIA LIGA G-2 PADRÓN 2 12 2006

Este vindeiro sábado 2 de decembro, nadarán na Piscina Municipal de Padrón as nadadoras do Club Natación Ponteareas Anaïs Ucha e Rocío Landín.

O quecemento será ás 16.30 horas e as probas ás 17.30 horas.

CONVOCATORIA LIGA GALEGA DE CLUBS 25NOVEMBRO 2006

Este sábado 25 de novembro celebrarase en Lugo na Piscina de As Pedreiras, a segunda xornada da Liga Galega de Clubs de Terceira División. O quecemento será ás 16.30 horas e as probas comezarán ás 17.30 horas. Para cehegar a esta Piscina hai que antes da entrada de Lugo coller a estrada de Madrid e despois saír onde indica Campus Universitario. A piscina está na zona universitaria, preto da Rúa de Fingoi, polo que será bo preguntar por ela unha vez nesa rúa.

Para esta competición están convocados os seguintes deportistas do noso club:

Juan Antonio Vázquez, Miguel Ángel Garrido, Jennifer Chamadoira, Tatiana Vázquez, Sandra Sobreira, Estefanía Chamadoira, Diego Paz, Alba Ucha, Alejandro Reigosa, Luis Pardo, Marcos Soutullo, Raquel Landín, Alba Paz, Iago Aldir, Pablo Garrido, Santiago Rodríguez e Mari Paz Álvarez.

Confiamos en que van ter de novo unha grande actuación. 

O CLUB NATACIÓN PONTEAREAS TERCEIRO NA LIGA GALEGA

O Club Natación Ponteareas ocupa o 3º lugar (de 11 equipos) na clasificación da terceira división da Liga Galega de Clubs despois da primeira xornada. A clasificación está ocupada nas primeiras posicións por:

1º CN Rias Baixas 12 puntos

2º C.N. Arteixo 10 puntos

3º C.N. Ponteareas 9 puntos

4º C.D.U. Santiago  8 puntos

CONVOCATORIA LIGAS LOCAIS PONTEAREAS 19 11 2006

Este vindeiro domingo 19 de novembro celebrarase na Piscina Municipal de Ponteareas a primeira xornada das Ligas das categorías G-0, G-1, G-2 e G-3. O quecemento será ás 10.00 horas e as probas a partires das 11.00. Van estar connosco os representantes do C.T. Codesal da Guarda e o C.N. Mos.

Por parte do noso club están convocados/as os seguintes deportistas:

G-0: Andrea Vázquez e Clara Soutullo.

G-1: Iago Sobreira e Lucas Costa.

G-2: Anaïs Ucha e Rocío Landín.

G-3: Juan Antonio Vázquez, Miguel Ángel Garrido, Estefanía Chamadoira, Sandra Sobreira, Jennifer Chamadoira e Tatiana Vázquez.

Pregamos aos pais/nais que colaboren coa organización desta proba, ben como cronometadores/as ou noutros postos da organización.

O Sábado 18 montaremos a Piscina para a competición a partires da 19.30 horas. Esperamos que colaboredes coa xunta directiva para facer esta montaxe.

CONVOCATORIA LIGA GALEGA DE CLUBS 11 NOVEMBRO 2006

Este sábado 11 de novembro celebrarase na Piscina Municipal do Porriño a primeira xornada da Liga Galega de Clubs de 3ª División na que o Club Natación Ponteareas está incluído, xunto con outros 10 clubs. O quecemento será a partires das 16.30 horas e as probas comezarán ás 17.30 horas.

Os convocados polo noso club son:

Tatiana Vázquez Alfaya, Jennifer Chamadoira Domínguez, Miguel Ángel Garrido Castañal, Juan Antonio Vázquez Mouzo, Estefanía Chamadoira Domínguez, Sandra Sobreira Otero, Diego Paz Sobreira, Marcos Soutullo Rodríoguez, Luis Pardo Ramilo, Alejandro Reigosa Lago. Alba Ucha Mutilba, Iago Aldir Álvarez, Pablo Garrido Castañal, Santiago Rodríguez Casal, Raquel Landín Gallego, Alba Paz Sobreira, Lucía Pardo Ramilo, Bruno Durán Gil e Mari Paz Álvarez Costas.

Lembramos que a asistencia á competición é obrigatoria.

VIII TROFEO DE NATACION CODESAL

Estas son as probas que vai facer cada nadador/a do Club Natación Ponteareas no VIII Trofeo de natación Codesal, que se celebrará na Garda, na Piscina ao descuberto do C.T. Codesal o vindeiro sábado 15 de xullo. O horario é: pola mañá: quecemento ás 10.00 e probas ás 11.00. Pola tarde: quecemento ás 16.00 e probas ás 17.00. Pola mañá nádanse as probas de bolboreta, costas e relevos (nós só participamos no masculino, pois en G1 feminino non temos nadadoras, e ten que ir un nadador de cada categoría). Pola tarde nádanse as probas de braza e libre. A lista de convocados/as é a seguinte:

Iago Sobreira: 50 libre e o relevo.

Juan Antonio Vázquez: 50 libre e 50 braza.

Miguel Ángel Garrido: 50 libre e 50 costas.

Víctor David Freire: 50 libre.

Tatiana Vázquez: 50 braza e 50 libre.

Rocío Landín: 50 bolboreta e 50 libre.

Anaïs Ucha: 50 bolboreta e 50 libre.

Jennifer Chamadoira: 50 costas e 50 libre.

Estefanía Chamadoira: 50 costas e 50 libre.

Sandra Sobreira: 50 bolboreta e 50 libre.

Diego Paz: 50 costas, o relevo e 50 libre.

Alba Ucha: 50 bolboreta e 50 libre.

Alba Paz: 50 braza e 50 libre.

Raquel Landín: 50 bolboreta e 50 libre.

Pablo Garrido: 50 costas e 50 libre

Alejandro Reigosa: 50 costas e 50 libre.

Luis Pardo: 50 braza e 50 libre.

Lucía Pardo: 50 costas e 50 libre.

Santiago Rodríguez: 50 braza, o relevo e 50 libre.

Mari Paz Álvarez: 50 bolboreta e 50 libre.

Esperamos que obteñan varias medallas.

CIRCUITO GALEGO DE TRAVESÍAS

Pincha aqui http://www.fegan.org/fegan/slon/tprd/0506/res/20060701_circuito_gal_lon_dist/index.php para saber as datas das travesías que hai este ano en Galicia.

Si queres que o club te anote nalgunha ponte en contacto con cnponteareas@terra.es, ou facendo un comentario a este artigo.

CAMPIONATO GALEGO G-4 E ABSOLUTO DE VERÁN

Neste fin de semana, venres 30 de xuño, sábado 1 de xullo e domingo 2 de xullo, celébrase en Pontevedra na Piscina Olímpica Rías do Sur, o Campionato Galego de verán das categorías G-4 e Absoluto. Igual que en tódolos campionatos galegos desta temporada hai representantes do Club Natación Ponteareas. Son en total 6 nadadores/as do noso club os que van participar no Campionato:

Mari Paz Álvarez Costas nadará 50 bolboreta.

Raquel Landín Gallego nadará 50 bolboreta.

Marcos Soutullo Rodríguez nadará 50 braza, 100 braza e 200 braza.

Alejandro Reigosa Lago nadará 50 costas, 100 costas e 50 libre.

Iago Aldir Álvarez nadará 50 bolboreta.

Pablo Garrido Castañal nadará o relevo de 4x100 estilos con Marcos, Iago e Alejandro.

Desexámoslles a todos/as que teñan unha boa actuación nos Campionatos.

 

CAMPIONATO GALEGO G-2

O sábado 24 e o domingo 25 de xuño celébrase enSantiago, na Piscina de Santa Isabel, o Campionato Galego de natación da categoría G-2.

Por parte do Club Natación Ponteareas van participar:

Anaïs Ucha Mutilba en 100 estilos, 100 braza e 200 braza.

Jennifer Chamadoira Domínguez en 100 costas.

Miguel Ángel Garrido Castañal en 100 estilos, 100 costas e 100 libre.

Dende aquí animamos aos nosos representantes e estamos seguros de que van ter unha grande actuación.

 

CAMPIONATO GALEGO G-3 DE VERÁN

Os vindeiros sábado e domingo 10 e 11 de xuño celebrarase este Campionato na Piscina da Fieteira de Riveira. Por parte do Club Natación acudirán tres nadadores/as que acadaron marcas mínimas para participar no mesmo: Diego Paz, Estefanía Chamadoira e Hermindo Sebastián. Sería bo que Diego repetira medalla, pero non é nada doado de conseguir isto.

Estamos seguros de que van ter os tres unha magnífica actuación e que nos van deixar quedar en moi bo lugar.

XVI TROFEO CIDADE DE LUGO

Este sábado 27 de maio celébrase en Lugo na Piscina do Club Fluvial de Lugo o XVI Trofeo Cidade de Lugo, en sesións de mañá e tarde. Acudirán por parte do Club Natación os nadadores seguintes:

Rocío Landín, Anaïs Ucha, Tatiana Vázquez, Jennifer Chamadoira, Miguel Ángel Garrido, Juan Antonio Vázquez, Estefanía Chamadoira, Sandra Sobreira, Leticia Aldir, Diego Paz e Hermindo Sebastián.

Desexámoslles unha boa actuación e que traian algunha medalla, aínda que isto non é doado.

¡¡¡SORTE!!!!

SÁBADO 20 DE MAIO 7ª XORNADA DA LIGA G-2 EN PONTEVEDRA

Este sábado 20 de maio, os nadadores/as do Club Natación Ponteareas do G-2 van participar na 7ª xornada da Liga Galega desta categoría. A competición de carácter zonal, celebrarase na Piscina Olímpica Fundación Rías do Sur en Pontevedra. As probas comezarán ás 17.30 horas e o quecemento ás 16.30 horas.

Polo noso club van estar:

Anaïs Ucha Mutilba que nadará 200 braza e 200 costas.

Rocío Landín Gallego que nadará 200 braza e 200 costas.

Miguel Ángel Garrido Castañal que nadará 400 estilos.

Juan Antonio Vázquez Mouzo que nadará 400 estilos.

Tatiana Vázquez Alfaya que nadará 400 estilos.

Chulo

FESTIVAL ALBORADA

Este sábado 6 de maio o Club Natación Galaico Sercoysa organiza o Festival Alborada para as categorías 98 e posteriores e G-1. Por parte do Club Natación Ponteareas está inscrito o nadador Lucas Costa Fernández nas probas de 50 libre e 50 braza, nas que loitará por acadar algunha medalla.

As probas comezarán ás 17.30 horas e o quecemento ás 16.30.

A competición farase na nova Piscina Olímpica (50 metros) Rías do Sur de Pontevedra.

LIGA GALEGA DE CLUBS DE 2ª B

Despois de celebrada a segunda xornada desta Liga o pasado sábado 25 de marzo na Guarda, o Club Natación Ponteareas aínda ten unha posibilidade de ascender. Para iso, teremos que gañar na terceira xornada, que se celebrará nas Pontes o día 14 de maio. Neste intre, o C.N. Cedeira xa ascendeu, ó ganar as dúas xornadas celebradas.

RESULTADOS LIGAS IDADES 19 MARZO EN PONTEAREAS

De novo os nadadores e nadadoras do Club Natación Ponteareas volveron a ter unha boa actuación, acadando varias mínimas para os Campionatos Galegos. Así, Miguel Ángel Garrido obtivo a mínima en 100 libre, mellorando a súa marca persoal en 5 segundos; Alejandro Reigosa obtivo a mínima nos 100 costas, mellorando 4 segundos a súa marca. Anaïs Ucha obtivo a mínima nos 200 estilos. Por outra banda, Marcos Soutullo en 50 braza e Estefanía Chamadoira en 200 libres e 200 costas volveron a nadar por debaixo das mínimas.

Felicitamos tamén a tódolos demais pola súa actuación.

Agradecemos a colaboración prestada coa organización por parte daquelas persoas do club que arbitaron, cronometraron e ocuparon outros postos na organización.