Blogia
Club Natacion Ponteareas

NOVAS DO CLUB

ADESTRAMENTO SABADO 11 NOVEMBRO

Por mor da participación da maioría dos deportistas do Club nunha competición e da asistencia do adestrador á mesma, este sábado 11 de novembro NON haberá adestramento.

ENTREGA DE MOCHILAS E PANTALÓNS CURTOS

Comunicamos que durante esta semana entregaranse as mochilas novas aos nadadores/as que xa teñen tramitada a súa licenza federativa para a temporada 2006-07. Así mesmo, tamén se repartirán os pantalóns curtos que se recolleron para bordarlles o escudo do club, a pesares de que aínda falta algún por facer este bordado.

Aqueles/as que aínda non entregaron is pantalóns curtos para bordar o escudo, deben facelo a maior brevidade posible.

ASEMBLEA XERAL ORDINARIA DO CLUB

Lembramos que este venres 20 de outubro, ás 20.15 en primeira convocatoria e ás 20.45 en segunda convocatoria, celebrarase a Asemblea Xeral Ordinaria do Club Natación Ponteareas, na Sala de Xuntas do Pavillón de Deportes de Ponteareas, para os pais, nais e demais socios/as do club.

ORDE DO DÍA:

1º Información xeral do Club para a temporada 2006-07

2º Balance económico da temporada 2005-06

3º Aprobación, si procede, do orzamento do Club para a temporada 2006-07

4º Cotas para a temporada 2006-07

5º Rogos e preguntas.

HORARIOS DE ADESTRAMENTOS A PARTIRES DO 9 DE OUTUBRO

Os adestramentos a partires do luns 9 de outubro serán nos seguintes horarios:

LUNS, MÉRCORES E VENRES: 1º grupo: de 17.30 a 18.30 horas      2º grupo: de 18.30 a 19.30 horas    3º grupo: de 19.15 a 20.15 horas

XOVES: (XIMNASIO PARA MAIORES DE 10 ANOS): De 19.15 a 20.15 horas

SÁBADOS: (Para todos/as): De 16.00 a 17.00 horas.

ESTA TEMPORADA ESTREAREMOS NOVAS MOCHILAS

Foron doadas por unha empresa novas mochilas para os nadadores e nadadoras do club. Proximamente serán repartidas entre os nadadores/as que teñen licenza de deportistas de competición no Club Natación Ponteareas.

Agradecémoslles a esta empresa (que quere quedar no anonimato) a súa colaboración co club.

FAITE NADADOR OU NADADORA DO CLUB

A nova temporada está a piques de comezar. Se queres que a natación sexa o teu deporte, entra no Club Natación Ponteareas. Podes solicitar máis información facendo un comentario a este artigo ou no teléfono 676773761.

EXTRAORDINARIA ACTUACIÓN DOS NOSOS NADADORES/AS NO VIII TROFEO CODESAL

De fantástica hai que calificar a actuación de tódolos nosos nadadores e nadadoras que participaron no VIII Trofeo de Natación Codesal da Guarda. Superáronse tódalas previsións feitas nun principio e o número de medallas conseguidas foi realmente importante. Pero, tamén aqueles e aquelas que non acadaron medallas estiveron moi ben mellorando en moitos casos as súas mellores marcas persoais. En canto teñamos os resultados faremos un novo artigo neste blog cos postos acadados por cada nadador/a.

Felicitacións a todos e todas.

RESULTADOS GALEGO G4 E ABSOLUTO DE VERÁN

Pincha aquí http://www.fegan.org/fegan/snat/tprd/0506/res/20060630.cto.gal.g4.abso.ver/index.php ou noenlace que hai neste blog   para ver os resultados do Campionato galego G$ e absoluto de verán, celebrado en Pontevedra entre o 30 de xuño e o 2 de xullo.

MOI BOA ACTUCIÓN DOS NOSOS NADADORES/AS NO GALEGO G 4 E ABSOLUTO

Temos que felicitar a Marcos, Iago, Alejandro, Pablo, Raquel e Mari Paz pola súa actuación nestes Campionatos. Ademais da actuación de Marcos, xa comentada noutro artigo, felicitamos aos demais nadadores/as. Tamén temos que felicitar ao relevo, que acudía coa peor marca das inscritas e logrou poñerse por diante de outros tres equipos (Real Club Náutico de Vigo, C.N. Ferrol,...), mantendo as súas mellores marcas.

Esperamos que na temporada seguinte aínda se poidan mellorar estes resultados.

HORARIOS DE ADESTRAMENTOS DO MES DE XULLO

Como en temporadas anteriores o horario de adestramento no mes de xullo será de 11.00 a 12.00 horas para tódolos nadadores/as do club, os luns mércores e venres.

MIGUEL ÁNGEL GARRIDO CASTAÑAL DOBRE MEDALLISTA NO CAMPIONATO GALEGO G 2

O nadador do Club Natación Ponteareas Miguel Ángel Garrido Castañal ven de escribir unha nova páxina brillante na historia do noso club ao converterse no primeiro nadador do Club que logra dúas medallas nun mesmo campionato galego.

No Campionato Galego de Natación da categoría G-2, celebrado onte e hoxe na Piscina de Santa Isabel en Santiago de Compostela, Miguel Ángel acadou o subcampionato na proba de 100 estilos, mellorando a súa mellor marca persoal en 3 segundos e acadou a medalla de bronce na proba de 100 costas, na que partía coa sexta marca e na que mellorou case 7 segundos a súa mellor marca persoal, baixando da barreira do 1.20. A estas dúas medallas únese un fantástico quinto posto na proba de 100 libre, na que baixou 1 segundo a súa marca, estando xa no 1.10. Con isto completa unha temporada espectacular na que conta tódalas súas participacións en trofeos con medallas.

Felicitamos tamén a Anaïs Ucha Mutilba e a Jennifer Chamadoira Domínguez que tamén participaron neste Campionato Galego tendo unha boa actuación.

CEA DE FIN DE TEMPORADA DO CLUB

O vindeiro 8 de xullo a partires das dez da noite na Churrasquería La Pradera en Paraños, na nacional 120, terá lugar a cea de fin de temporada do Club Natación Ponteareas. O prezo é de 18 euros por persoa. Para os menlores de 8 anos é de 9 euros. Se queres acudir, comunícallo a calquera membro da Xunta Directiva, ou envía un correo a cnponteareas@terra.es, ou uinscríbete facendo un comentario a esta noticia.

O prazo de inscrición remata o luns 3 de xullo.

BANDEIRA DO CLUB

DESEÑA A BANDEIRA DO CLUB.

Debe incluír o escudo do club. Lembrade que as cores do club son diversas tonalidades de azul. Enviade as propostas a cnponteareas@terra.es

REMATAN OS ADESTRAMENTOS NOS SÁBADOS POR ESTA TEMPORADA

Este sábado 20 de maio non haberá adestramento por mor do desprazamento da adestradora a Pontevedra cos nadadores/as da categoría G-2.

Ata a vindeira temporada, no mes de outubro non se reanudarán os adestramentos en sábados. 

O CLUB NATACIÓN PONTEAREAS MANTENSE NA 2ª B

Logo de rematada a 3ª xornada da Fase Final polo Ascenso da 2ª División B, o Club Natación Ponteareas quedou terceiro na clasificación, polo que se mantén nesta división para o ano vindeiro. Acompañarán ó noso club o C.N. Rías Baixas, o ADX Porta Miñá de Lugo, o C.N. Salnés, o C.D.U. Santiago e o C.N. Albatros da Coruña.

Nesta útlima xornada o Club Natación Ponteareas acadou a segunda praza, por detrás do C.N. Codesal. Os nosos nadadores/as fixeron moi boas marcas, acadando algunhas mínimas para os Campionatos Galegos e o nadador Marcos Soutullo quedouse moi preto da mínima para o Campionato de España en 200 braza. 

LUCAS COSTA, MEDALLA DE PRATA NO FESTIVAL ALBORADA

O nadador do Club Natación Ponteareas Lucas Costa Fernández acadou a medalla de prata na proba de 50 braza do G-0 no Festival Alborada que, organizado polo Club Natación Galico-Sercoysa, se celebrou na Piscina Olímpica Rías do Sur de Pontevedra. Ademais, na proba de 50 libre acadou un importante cuarto posto.

¡Felicitacións a Lucas por este éxito!

ENLACE COA PÁXINA DA FEGAN

Xa temos no blog un enlace á páxina da Federación Galega de Natación (http://www.fegan.org) onde podedes informarvos sobre a natación.

Proximamente, tamén haberá un enelace directo á consulta de marcas da FEGAN onde podedes buscar as vosas marcas nas diferentes probas.

CASAS COLABORADORAS CO CLUB

Temos que destacar a colaboración por segundo ano de INMOBILIARIA PONTE DO MIÑO, que volveu a aportar o diñeiro para facer 100 gorros para o Club.

Tamén á empresa CAGGIATI que este ano deu uns polos para os nadadores/as do club.

AGUA SANA aportou 10 caixas de auga para as competicións que se organizan en Ponteareas.