Blogia

Club Natacion Ponteareas

XVI TROFEO CIDADE DE LUGO

Este sábado 27 de maio celébrase en Lugo na Piscina do Club Fluvial de Lugo o XVI Trofeo Cidade de Lugo, en sesións de mañá e tarde. Acudirán por parte do Club Natación os nadadores seguintes:

Rocío Landín, Anaïs Ucha, Tatiana Vázquez, Jennifer Chamadoira, Miguel Ángel Garrido, Juan Antonio Vázquez, Estefanía Chamadoira, Sandra Sobreira, Leticia Aldir, Diego Paz e Hermindo Sebastián.

Desexámoslles unha boa actuación e que traian algunha medalla, aínda que isto non é doado.

¡¡¡SORTE!!!!

NECESITAMOS COLABORACIÓN PARA O VII TROFEO DA AMIZADE

O domingo 28 de maio faremos o VII Trofeo da Amizade. Necesitamos a colaboración de todos aqueles/as que poidan (pais e nais de nadadores/as) para facer a partires das 12 da mañá as bolsas de merenda e para axudar na montaxe da Piscina. 

Pola tarde, durante a competición, ademais dos cronometradores e daqueles xuíces locais que sexan convocados para arbitrar, necesitamos persoas para ocupar outros postos na organización.

Como sempre, agradecemos a todos/as que colbaoren neste Trofeo a súa participación activa no mesmo. Xa sabedes que o club é cousa de todos. 

REMATAN OS ADESTRAMENTOS NOS SÁBADOS POR ESTA TEMPORADA

Este sábado 20 de maio non haberá adestramento por mor do desprazamento da adestradora a Pontevedra cos nadadores/as da categoría G-2.

Ata a vindeira temporada, no mes de outubro non se reanudarán os adestramentos en sábados. 

SÁBADO 20 DE MAIO 7ª XORNADA DA LIGA G-2 EN PONTEVEDRA

Este sábado 20 de maio, os nadadores/as do Club Natación Ponteareas do G-2 van participar na 7ª xornada da Liga Galega desta categoría. A competición de carácter zonal, celebrarase na Piscina Olímpica Fundación Rías do Sur en Pontevedra. As probas comezarán ás 17.30 horas e o quecemento ás 16.30 horas.

Polo noso club van estar:

Anaïs Ucha Mutilba que nadará 200 braza e 200 costas.

Rocío Landín Gallego que nadará 200 braza e 200 costas.

Miguel Ángel Garrido Castañal que nadará 400 estilos.

Juan Antonio Vázquez Mouzo que nadará 400 estilos.

Tatiana Vázquez Alfaya que nadará 400 estilos.

Chulo

O CLUB NATACIÓN PONTEAREAS MANTENSE NA 2ª B

Logo de rematada a 3ª xornada da Fase Final polo Ascenso da 2ª División B, o Club Natación Ponteareas quedou terceiro na clasificación, polo que se mantén nesta división para o ano vindeiro. Acompañarán ó noso club o C.N. Rías Baixas, o ADX Porta Miñá de Lugo, o C.N. Salnés, o C.D.U. Santiago e o C.N. Albatros da Coruña.

Nesta útlima xornada o Club Natación Ponteareas acadou a segunda praza, por detrás do C.N. Codesal. Os nosos nadadores/as fixeron moi boas marcas, acadando algunhas mínimas para os Campionatos Galegos e o nadador Marcos Soutullo quedouse moi preto da mínima para o Campionato de España en 200 braza. 

LUCAS COSTA, MEDALLA DE PRATA NO FESTIVAL ALBORADA

O nadador do Club Natación Ponteareas Lucas Costa Fernández acadou a medalla de prata na proba de 50 braza do G-0 no Festival Alborada que, organizado polo Club Natación Galico-Sercoysa, se celebrou na Piscina Olímpica Rías do Sur de Pontevedra. Ademais, na proba de 50 libre acadou un importante cuarto posto.

¡Felicitacións a Lucas por este éxito!

FESTIVAL ALBORADA

Este sábado 6 de maio o Club Natación Galaico Sercoysa organiza o Festival Alborada para as categorías 98 e posteriores e G-1. Por parte do Club Natación Ponteareas está inscrito o nadador Lucas Costa Fernández nas probas de 50 libre e 50 braza, nas que loitará por acadar algunha medalla.

As probas comezarán ás 17.30 horas e o quecemento ás 16.30.

A competición farase na nova Piscina Olímpica (50 metros) Rías do Sur de Pontevedra.

ENLACE CON CONSULTA DE MARCAS

Xa está posto no blog un enlace coa consulta de marcas da Federación Galega de Natación (http://www.fegan.org/fegan/consmarcas/index.php) para que poidas buscar as marcas que che interesen.

ENLACE COA PÁXINA DA FEGAN

Xa temos no blog un enlace á páxina da Federación Galega de Natación (http://www.fegan.org) onde podedes informarvos sobre a natación.

Proximamente, tamén haberá un enelace directo á consulta de marcas da FEGAN onde podedes buscar as vosas marcas nas diferentes probas.

CASAS COLABORADORAS CO CLUB

Temos que destacar a colaboración por segundo ano de INMOBILIARIA PONTE DO MIÑO, que volveu a aportar o diñeiro para facer 100 gorros para o Club.

Tamén á empresa CAGGIATI que este ano deu uns polos para os nadadores/as do club.

AGUA SANA aportou 10 caixas de auga para as competicións que se organizan en Ponteareas.

CASAS COLABORADORAS CO VII TROFEO DA AMIZADE

LISTA DE COLABORADORES ACTUALIZADA

CÁRNICAS FONTEFRÍA dará as bolsas de merenda para os participantes.

GESPORT dará as medallas.

TALLERES VINACAL aportará colaboración para trofeos.

SUVISA aportará trofeos.

RECAMBIOS EUROPA aportará trofeos.

DISCO BAR UWA aportará trofeo.

VITOR Viguesa de Tornillería S.L., aporta colaboración económica para o Trofeo.

METAL-MOAÑA colaborará con trofeo no torneo.

SUNOBA C.B. tamén colabora economicamente co Trofeo.

VEIGA DRAGA colabora co Trofeo.

CONSTRUCIÓNS ALFONSO REIGOSA aportou unha importante colaboración económica co trofeo.

SERVINAVAL tamén colabora  co Trofeo.

 

A medida que se vaian confirmando novas colaboracións estarán neste artigo.

REGULAMENTO DO VII TROFEO DA AMIZADE

ORGANIZA: CLUB NATACIÓN PONTEAREAS.

1º.- DATA: Domingo  28 de maio de 2.006

2º.- PISCINA: Piscina Municipal de Ponteareas. Cuberta e climatizada de 25 m. e 6 rúas.

3º.- CATEGORÍAS:
      
       MASCULINO:    A (1994-95)
                           B (1992-93)
                           C (1990-91)
                           D (1989 e anteriores)
       FEMININO :     A (1994-95)
                           B (1992-93)
                           C (1990-91)
                           D (1989 e anteriores)

4º.- ORDE DE PROBAS :

1º.- 100 estilos masculino A.
2º.- 100 estilos feminino A.
3º.- 100 estilos masculino B.
4º.- 100 estilos feminino B.
5º.- 200 estilos masculino C.
6º.- 200 estilos feminino C.
7º.- 200 estilos masculino D.
8º.- 200 estilos feminino D.
9º.- 100 bolboreta masculino A.
10º.- 100 bolboreta feminino A.
11º.- 100 bolboreta masculino B.
12º.- 100 bolboreta feminino B.
13º.- 50 bolboreta masculino C.
14º.- 50 bolboreta feminino C.
15º.- 50 bolboreta masculino D.
16º.- 50 bolboreta feminino D.
17º.- 100 costas masculino A.
18º.- 100 costas feminino A.
19º.- 100 costas masculino B.
20º.- 100 costas feminino B.
21º.- 50 costas masculino C
22º.- 50 costas feminino C.
23º.- 50 costas masculino D.
24º.- 50 costas feminino D.
25º.- 100 braza masculino A.
26º.- 100 braza feminino A.
27º.- 100 braza masculino B.
28º.- 100 braza feminino B.
29º.- 50 braza masculino C.
30º.- 50 braza feminino C.
31º.- 50 braza masculino D.
32º.- 50 braza feminino D.
33º.- 100 libre masculino A.
34º.- 100 libre feminino A.
35º.- 100 libre masculino B.
36º.- 100 libre feminino B.
37º.- 50 libre masculino C.
38º.- 50 libre feminino C.
39º.- 50 libre masculino D.
40º.- 50 libre feminino D.
41º.- 4x50 libre masculino.
42º.- 4X50 libre feminino.

5º.- QUECEMENTO: 15.30 Horas.
       COMEZO DAS PROBAS: 16.30 Horas.

6º.- FÓRMULA DE COMPETICIÓN:

6.1.- Esta competición realizarase de acordo cos regulamentos da Federación Galega de Natación. Tódalas probas serán contra o reloxo.

6.2.- A participación estará aberta ós nadadores e nadadoras das categorías sinaladas no punto 3º deste regulamento con licencia federativa en vigor. Non serán válidas as licencias de escola.
 

6.3.- Cada club poderá inscribir como máximo 2 nadadores/as por proba e categoría. Só poderá inscribir un equipo de relevos en cada proba, e no mesmo terá que haber un nadador/a de cada categoría. Non poderán superarse os 24 nadadores/as por club.

6.4.- Cada nadador/a só poderá participar en dúas probas e no relevo.

6.5.- Non poderán facerse substitucións.

6.6.- Poderán agruparse na mesma serie nadadores/as de diferentes categorías.

6.7.- O Club Natación Ponteareas resérvase o dereito a incluír nadadores/as seus a maiores dos dous por proba e categoría. Estes nadadores/as fóra de concurso aparecerán como tales nas series e non puntuarán na clasificación de equipos nin optarán a medallas individuais nas probas nas que se inscriban fóra de concurso.

7º.- INSCRICIÓNS:

7.1.- Faranse polo programa de competición. Utilizarase a base de datos que se achegará e que tentaremos que estea colgada na web da FEGAN.

7.2.- Pregamos ós clubs que confirmen a súa asistencia antes do 19 de maio, ben por correo electrónico na dirección indicada na cabeceira ou chamando ó teléfono 676 773 761.

7.3. As preinscricións, actas de preinscrición individual e de relevos serán enviadas ao Club Natación Ponteareas antes do día 23 de maio de 2.006 ás 20.00 horas ao enderezo de correo electrónico: cnponteareas@terra.es

8º.- CLASIFICACIÓNS:

8.1.- Faranse clasificacións individuais por proba e categoría. Para face-la clasificación por equipos sumaranse tódolos puntos obtidos polos nadadores/as, tanto en probas individuais como nos relevos. En cada proba puntuarán os dez primeiros con 12, 10, 8,7,6,5,4,3,2 e 1 puntos do 1º ó 10º respectivamente. Nos relevos as puntuacións serán dobres.

9º.- PREMIOS:

9.1.- Entregaranse medallas ós tres primeiros de cada categoría e proba, tanto individuais como de relevos.

9.2.- Trofeo para tódolos clubs participantes segundo a súa clasificación.

 Ó remate da competición entregarase unha bolsa de merenda a tódolos participantes.

             Ponteareas, a 7 de abril de 2.006

CALENDARIO COMPETICIÓNS DE NATACIÓN

ABRIL 2006

8
COPA DE ESPAÑA CLUBES G3
RFEN

22
NATACIÓN ESCOLAR DIVISIÓN B
PROVINCIAL
22
TROFEO CIUDAD DE FERROL – XXVI MEMORIAL JUAN VARELA
Ferrol (Batallones)
CMARINA
23
23
LIGA G3 6ª XORNADA
TOMA DE TEMPOS PARA TODOS/AS
Ponteareas (Municipal)
PONTEAREAS
CNPONTEAREAS
CNPONTEAREAS
29
7ª XORNADA 98 E POSTERIORES
LIGA G1 6ª XORNADA
LIGA G2 6ª XORNADA
LIGA G4 3ª XORNADA
8ª JORNADA 98 Y POSTERIORES
O PORRIÑO
GOLFIÑOS N. PORRIÑO
MAIO 2006
5-7
CAMPIONATO DE ESPAÑA CCAA
Madrid (Centro M-86)
FED.MADRILEÑA/RFEN
13
LIGA GALEGA 3ª XORNADA (FINAL)
CEDEIRA?
CNCEDEIRA
13
LIGA G1 7ª XORNADA
Ourense (Remedios 25)
CNPORENSE
20
LIGA G2 7ª XORNADA
Pontevedra (Olímpica)
CNGALAICO
27
NATACIÓN ESCOLAR DIVISIÓN B
REGIONAL
27
XIV TROFEO CONCELLO DE NARÓN
Narón
ADNNARÓN
27
TROFEO CIUDAD DE LUGO
Lugo (Fluvial)
CFLUVIAL
28
VII TROFEO DA AMIZADE
Ponteareas
CNPONTEAREAS
XUÑO 2006
3
LIGA G4 4ª XORNADA
Pontevedra (Olímpica)
CNGALAICO
10
FESTIVAL 98 E POSTERIORES
Ferrol (Batallones)
CMARINA/FEGAN
10-11
CAMPIONATO GALEGO G3 VERAN
Riveira (A Fieiteira)
CNRIVEIRA/FEGAN
17
COPA GALEGA G1
Ferrol (Caranza)
CNFERROL/FEGAN
24-25
CAMPIONATO GALEGO G2 VERAN
Santiago (Sta. Isabel)
CNSANTIAGO/FEGAN
27-29
CAMPIONATO ESPAÑA CSD G3
RFEN
30-
CAMPIONATO GALEGO ABSOLUTO E G4 VERAN
Pontevedra (Olímpica)
CNGALAICO/FEGAN
XULLO
1-2
CAMPIONATO GALEGO ABSOLUTO E G4 VERAN
Pontevedra (Olímpica)
CNGALAICO/FEGAN
8
LIGA G3 7ª XORNADA 
(NADADOR COMPLETO)
VIGO
RCN VIGO
13-16
CAMPIONATO ESPAÑA ABSOLUTO E G5 (M/F: 88-89)
Almería (Complejo de las Almadrabillas)
FED.ANDALUZA/RFEN
26-30
CAMPIONATO ESPAÑA 50 m G3 (M/F: 92) - G4 (M/F: 90-91)
Barcelona (Bernat Picornell)
FED.CATALANA/RFEN

LIGA GALEGA DE CLUBS DE 2ª B

Despois de celebrada a segunda xornada desta Liga o pasado sábado 25 de marzo na Guarda, o Club Natación Ponteareas aínda ten unha posibilidade de ascender. Para iso, teremos que gañar na terceira xornada, que se celebrará nas Pontes o día 14 de maio. Neste intre, o C.N. Cedeira xa ascendeu, ó ganar as dúas xornadas celebradas.

VII TROFEO DA AMIZADE

O 28 de maio de 2006 o Club Natación Ponteareas organizará o seu VII Trofeo da Amizade. O quecemento será a partires das 15.30 horas e as probas comezarán ás 16.30 horas.

Esperamos a participación de varios clubs de Galicia xunto coa do C.N. Ponteareas.

Proximamente comunicaremos o regulamento do Trofeo.

RESULTADOS LIGAS IDADES 19 MARZO EN PONTEAREAS

De novo os nadadores e nadadoras do Club Natación Ponteareas volveron a ter unha boa actuación, acadando varias mínimas para os Campionatos Galegos. Así, Miguel Ángel Garrido obtivo a mínima en 100 libre, mellorando a súa marca persoal en 5 segundos; Alejandro Reigosa obtivo a mínima nos 100 costas, mellorando 4 segundos a súa marca. Anaïs Ucha obtivo a mínima nos 200 estilos. Por outra banda, Marcos Soutullo en 50 braza e Estefanía Chamadoira en 200 libres e 200 costas volveron a nadar por debaixo das mínimas.

Felicitamos tamén a tódolos demais pola súa actuación.

Agradecemos a colaboración prestada coa organización por parte daquelas persoas do club que arbitaron, cronometraron e ocuparon outros postos na organización.

ÉXITO DOS NOSOS NADADORES NO I TROFEO CIDADE DE PONTEVEDRA

Temos que felicitar aos nadadores e nadadoras do Club Natación Ponteareas que participaron neste Trofeo: Anaïs, Tati, Miguel, Tono, Fany, Sandra, Leti, Diego, Hermindo, Luis, Alex, Iago, Alba Paz e Alba Ucha.

Destacar as medallas conseguidas por Miguel (ouro en 200 costas masculino G-2 con 9 segundos de diferenza sobre o segundo) e por Diego en 200 braza masculino G-3. Nesta proba Hermindo quedou a só 6 centésimas do bronce, acadando a mínima para o Campionato Galego. Tamén acadaron mínimas Miguel en 200 costas e Anaïs en 200 libre.

No relevo de 8x50 fomos quintos cunha magnífica actuación dos nosos representantes.

COMPETICIÓNS PARA OS DÍAS 18 E 19 DE MARZO DE 2006

Este sábado 18 de marzo a partires das 11 da mañá, 18 nadadores/as do Club Natación Ponteareas van participar no I Trofeo Cidade de Pontevedra, organizado polo C.N. Galaico na Piscina Olímpica Fundación Rías do Sur de Ponetevdra. As categorías que participan son G-2, G-3 e G-4. Algúns dos nosos representantes teñen opcións de medalla.

 O domingo 19 de marzo, celebraremos en Ponteareas a 5ª xornada das ligas de Idades das categorías G-0, G-1, G-2, G-3 e G-4. Participará o C.T. Codesal e o C.N. Ponteareas. As probas comezarán a partires das 11.00 e o quecemento a partires das 10.00 horas.